NADARÍN
30 DE XANEIRO 2014
DÍA DA PAZ
INFANTIL- CEIP O INCIO
Nun recuncho perdido do mar vivía feliz un banco de peixes. Todos
eran vermellos. Só un era negro como a cuncha de mexilló...
Un mal día, apareceu veloz entre as ondas un atún rabioso e moi
famento. Dun bocado tragou todos os peixiños vermellos.
So...
Fuxíu cara as profundidades. Estaba só, triste e asustado.
Pero o mar estaba cheo de fermosas criaturas e, nadando de marabilla
en marabilla, Nadarín volveu ser feliz.
Ollou unha au...
Unha lagosta que pasaba remexendo a auga…
Estraños peixes movidos por un fío invisible…
Un bosque de algas que nacían de pedras de caramelo…
Unha anguía tan longa que se esquecía da cola…
E anémones que semellaban palmeiras de cor vermella
abanando no vento.
Entón agochado entre
as sombras das rochas
e das algas, descubríu
un banco de peixes
igualiños a el.
“Vide nadar, xogar e
...
Nadarín
pensou, pensou e
pensou.
De súpeto dixo:
”Xa sei!. Imos nadar
todos xuntos coma se
fosemos o peixe máis
grande do ...
E cando
aprenderon a
nadar coma se
fosen un peixe
xigante, díxolles:
“Eu serei o ollo”.
E nadaron na auga
fresca da
mañá, baixo o sol do
mediodía, e así
escorrentaron o gran
peixe.
FIN
Nadarín. Día da paz 2014
of 16

Nadarín. Día da paz 2014

Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Nadarín. Día da paz 2014

  • 1. NADARÍN 30 DE XANEIRO 2014 DÍA DA PAZ INFANTIL- CEIP O INCIO
  • 2. Nun recuncho perdido do mar vivía feliz un banco de peixes. Todos eran vermellos. Só un era negro como a cuncha de mexillón. Nadaba mellor có resto dos seus irmáns e irmás. Chamábanlle Nadarín.
  • 3. Un mal día, apareceu veloz entre as ondas un atún rabioso e moi famento. Dun bocado tragou todos os peixiños vermellos. Soamente Nadarín deu escapado.
  • 4. Fuxíu cara as profundidades. Estaba só, triste e asustado.
  • 5. Pero o mar estaba cheo de fermosas criaturas e, nadando de marabilla en marabilla, Nadarín volveu ser feliz. Ollou unha auga mar da cor do arco da vella…
  • 6. Unha lagosta que pasaba remexendo a auga…
  • 7. Estraños peixes movidos por un fío invisible…
  • 8. Un bosque de algas que nacían de pedras de caramelo…
  • 9. Unha anguía tan longa que se esquecía da cola…
  • 10. E anémones que semellaban palmeiras de cor vermella abanando no vento.
  • 11. Entón agochado entre as sombras das rochas e das algas, descubríu un banco de peixes igualiños a el. “Vide nadar, xogar e VER cousas!”, dixo cheo de felicidade. “ Non podemos”, dixo un pequeno peixe vermello, “o gran peixe comeríanos”. “Pero non podedes quedar aí para sempre” dixo Nadarín. “Temos que pensar algo”.
  • 12. Nadarín pensou, pensou e pensou. De súpeto dixo: ”Xa sei!. Imos nadar todos xuntos coma se fosemos o peixe máis grande do mar”. Ensinoulles a nadar ben xuntiños, cada un no seu sitio.
  • 13. E cando aprenderon a nadar coma se fosen un peixe xigante, díxolles: “Eu serei o ollo”.
  • 14. E nadaron na auga fresca da mañá, baixo o sol do mediodía, e así escorrentaron o gran peixe.
  • 15. FIN