Por Ourense!
Por Galiza!
Mais democracia!
Mais traballo!
Pola sustentabilidade das
contas públicas
Reforma Fiscal:
Que pague máis, quen máis ten. É de
xustiza!
O BNG impulsou no Congreso
unha reforma fiscal que
aumentaría...
Racionalización administrativa e do gasto público:
Supresión das institucións e dos gastos inútiles.
Acabouse o malgasto!
...
Reforma do modelo de financiamento autonómico e
local:
soberanía fiscal económica da Galiza!
Na financiación dos concellos...
Pola creación e
estabilidade no
emprego.
Restauración dos dereitos laborais:
emprego digno para as clases traballadoras!
As continuas reformas laborais do PP e PSO...
Polo marco galego de
relacións laborais:
traballamos aquí e non en
Madrid!
Políticas e negociacións feitas no
noso país re...
Pola garantía
das políticas
sociais
Avanzar na protección social: non deixar a
ninguén sen atender!
O nacionalismo apostamos por rachar o défice social
increm...
Pola mocidade, pola igualdade:
reparar as desigualdades, exercer
solidariedade!
O BNG queremos que os contratos formativos...
Polo futuro dos nosos
sectores productivos
Fornecer de crédito, reactivar a economía:
Banca Pública para apoiar à economía real!
O Bloque propomos vencellar as axuda...
Reformar o sistema financieiro, os bois diante do carro:
as finanzas ao servizo das persoas!
O nacionalismo impulsaremos
a...
Promover a innovación, mellorar a produtividade:
sementar a saída à crise!
O BNG propomos un Pacto pola
Innovación que inc...
Enerxía para erguer un país:
control galego, prezos populares!
O Bloque queremos reformar a
fiscalidade para que as empres...
Agricultura viva, rural vivo:
poñer en marcha o noso potencial!
O nacionalismo apostamos e seguimos apostando polo futuro ...
Actualizar Galiza:
superar a fenda tecnolóxica!
O BNG queremos superar as
fendas que fan do noso país unha
sociedade tecno...
Infraestruturas para conetarnos:
é o noso dereito!
O nacionalismo apostamos pola adecuación da rede ferroviaria ourensá
pa...
Pola sustentabilidade da
nosa terra
Defender o territorio é
defender a nosa vida
O BNG opómonos a novas
instalacións de aproveitamento
hidroelétrico, así como...
Reducir o consumismo:
é viabilizar a nosa existencia!
O Bloque somos conscientes
que o noso modelo de
consumo é insostíbel...
Pola diversidade
Promover a nosa língua:
é defender o que somos
O nacionalismo
defenderemos o
cumprimento da Carta
Europea das Linguas,
apr...
Impulsar a nosa cultura galega é a nosa forma de estar no
mundo
O BNG esixiremos a transferencia dos servizos e medios cul...
Educación gratuíta, laica e galega:
dereito irrenunciábel!
O Bloque avogamos polo crecemento
das dotacións adicadas à educ...
Internacionalizar o deporte galego:
Xogámonos moito!
O nacionalismo apostamos
polo noso deporte.
Demandamos a
territoriali...
Para profundizar
na democracia!
Reformar a lei electoral:
mellorar a representatividade!
O BNG promoveremos unha
reforma electoral que convirta à
comunida...
Reformar as institucións:
fomentar a participación
O Bloque impulsaremos unha reforma que rebaixe as condicións das ILP’s,...
Rexenerar a clase política:
recuperar a confianza!
O nacionalismo pularemos pola aplicación rigorosa do réxime
de incompat...
Ampliar os dereitos, practicar o
laicismo:
extender a cidadanía
O BNG defenderemos a regulación do dereito a unha morte di...
Polo Autogoberno!
Creando o estado plurinacional:
autodeterminar Galiza!
O Bloque impulsaremos a reforma
do Tribunal Constitucional para que...
Encaixar na Unión:
Galiza, nación europea!
O nacionalismo pularemos pola presenza da
Galiza na Unión Europea e no eido int...
Pola paz
internacional!
Democratizar as relacións internacionais:
o respecto ao dereito alleo é a Paz!
O BNG impulsaremos unha política internacio...
Pacifismo exterior:
a política de Defensa, só contra agresións!
O nacionalismo promoveremos
unha política de Defensa que s...
Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) é unha persoa comprometida
co pobo ao que representou tanto no seu concello, A Por...
VOTA
of 40

Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!

Published on: Mar 4, 2016
Published in: News & Politics      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!

  • 1. Por Ourense! Por Galiza! Mais democracia! Mais traballo!
  • 2. Pola sustentabilidade das contas públicas
  • 3. Reforma Fiscal: Que pague máis, quen máis ten. É de xustiza! O BNG impulsou no Congreso unha reforma fiscal que aumentaría os ingresos públicos en 8.000 millóns ao ano, o PP e o PSOE rexeitárona e compiten en baixar os impostos aos máis ricos mentres recurtan servizos básicos. Xustiza impositiva para os nosos maiores, para os nosos
  • 4. Racionalización administrativa e do gasto público: Supresión das institucións e dos gastos inútiles. Acabouse o malgasto! Institucións inútiles coma a Deputación, alguns Ministerios e Subdelegacións deben ser suprimidas e o Senado reformulado, así mesmo o BNG ven de opoñerse à ampliación do gasto militar da misión en Libia, xa que o défice militar é de 27.000 millóns de euros, sendo esta unha das partidas onde cumpre recurtar.
  • 5. Reforma do modelo de financiamento autonómico e local: soberanía fiscal económica da Galiza! Na financiación dos concellos deben considerarse factores como a dispersión poboacional e o envellecemento que encarecen a prestación de servizos, ao mesmo tempo a territorialización plena dos tributos dotará ao noso país de capacidade financeira para abordar as reformas pertinentes.
  • 6. Pola creación e estabilidade no emprego.
  • 7. Restauración dos dereitos laborais: emprego digno para as clases traballadoras! As continuas reformas laborais do PP e PSOE veñen devaluando a capacidade das clases traballadoras para defender un estatus laboral digno. O Bloque, sempre opostos a estas reformas, promoveremos a recuperación de dereitos básicos coma a indemnización de 45 días e o estabelecemento do contrato indefinido como norma e non como excepción.
  • 8. Polo marco galego de relacións laborais: traballamos aquí e non en Madrid! Políticas e negociacións feitas no noso país responderán às nosas peculiaridades socioeconómicas, como a promoción do cooperativismo e o autoemprego, a non aprobación de ERE’s en empresas con beneficios ou o control da subcontratación. Así pensamos o BNG!
  • 9. Pola garantía das políticas sociais
  • 10. Avanzar na protección social: non deixar a ninguén sen atender! O nacionalismo apostamos por rachar o défice social incrementando a inversión neste capítulo ao longo da lexislatura ata igualar o gasto medio da UE, así mesmo pretendemos modificar a Lei 15/97 que abre a porta da privatización sanitaria e a proteción efectiva do dereito à
  • 11. Pola mocidade, pola igualdade: reparar as desigualdades, exercer solidariedade! O BNG queremos que os contratos formativos e de práticas sexan remunerados co SMI, que as bolsas teñan en consideración a realidade socioeconómica dos demandantes e reformar a Lei de Violencia de Xénero para que o aceso aos recursos e axudas às mulleres non estea ligado à iniciación da vía penal.
  • 12. Polo futuro dos nosos sectores productivos
  • 13. Fornecer de crédito, reactivar a economía: Banca Pública para apoiar à economía real! O Bloque propomos vencellar as axudas públicas à banca privada ao desenvolvemento de liñas crediticias às pequenas e medianas empresas e à creación de novas empresas, asemade a transformación do ICO nunha banca pública con vocación comercial orientada a atender às PEMES, emprendedores e
  • 14. Reformar o sistema financieiro, os bois diante do carro: as finanzas ao servizo das persoas! O nacionalismo impulsaremos a regulación do sistema financeiro para punir as actividades especulativas, estabelecer unha fiscalidade sobre as transacións especulativas e os beneficios da banca privada, así como garantir a devolución das axudas e avais públicos à banca privada.
  • 15. Promover a innovación, mellorar a produtividade: sementar a saída à crise! O BNG propomos un Pacto pola Innovación que inclúa às administracións e aos axentes sociais, que contemple estratexias e obxectivos e financiamento blindado. Ao tempo, favorecer fiscalmente às actividades innovadoras, debidamente delimitadas, e promover a coesión territorial neste eido.
  • 16. Enerxía para erguer un país: control galego, prezos populares! O Bloque queremos reformar a fiscalidade para que as empresas que explotan no territorio paguen a parte proporcional correspondente à súa actividade en Galiza dos seus tributos à nosa Facenda, así como que a autorización administrativa a todas as instalacións produtivas, distributivas e de transporte enerxético corresponda à Autonomía. Tamén promoveremos cambios lexislativos para lograr unha redución real do prezo da enerxía e que se estipule en función dos custos de produción de
  • 17. Agricultura viva, rural vivo: poñer en marcha o noso potencial! O nacionalismo apostamos e seguimos apostando polo futuro do noso rural promovendo regulacións que expulsen a especulación dos mercados de produtos agrícolas e favorezan a estabilidade atendendo aos custos de produción. Así mesmo, revisar a fiscalidade do sector florestal apoiando proxectos multifuncionais e reformando as condicións dos montes veciñais en
  • 18. Actualizar Galiza: superar a fenda tecnolóxica! O BNG queremos superar as fendas que fan do noso país unha sociedade tecnoloxicamente esgazada mediante a transferencia da xestión e explotación do espazo radioeléctrico, o impulso do software de código aberto e a homologación das tarifas e servizos de internet co resto de Europa, a recepción das canles autonómicas e portuguesas na TDT e a promoción do dominio .gal para visibilizar o noso país en Internet.
  • 19. Infraestruturas para conetarnos: é o noso dereito! O nacionalismo apostamos pola adecuación da rede ferroviaria ourensá para as altas prestacións, así como a transferencia dos rexionais e de proximidade à Xunta para crear unha rede nacional. Así mesmo, a transferencia da AP-53 à Xunta e a construción da A-76, básica para o leste ourensán.
  • 20. Pola sustentabilidade da nosa terra
  • 21. Defender o territorio é defender a nosa vida O BNG opómonos a novas instalacións de aproveitamento hidroelétrico, así como à instalación de centrais nucleares ou à pretensión de verter residuos na foxa atlántica e rexeitamos calquera prórroga a ENCE-ELNOSA. Prestaremos especial atención ao acordo que impulsamos no Senado relativo à paralización de autorizacións e execucións de máis aproveitamentos na cunca Miño-Sil.
  • 22. Reducir o consumismo: é viabilizar a nosa existencia! O Bloque somos conscientes que o noso modelo de consumo é insostíbel a medio prazo por iso imos impulsar o cumprimento do protocolo de Kioto, a redución dos residuos industriais através da eficiencia e o aforro enerxético, o impulso do tráfico de mercadorías por ferrocarril e a aposta polo transporte coletivo orientado a disminuír o tráfico motorizado.
  • 23. Pola diversidade
  • 24. Promover a nosa língua: é defender o que somos O nacionalismo defenderemos o cumprimento da Carta Europea das Linguas, aprobada polas Cortes Xerais para que non fique en papel mollado. Promoveremos a atención en galego diante da administración estatal e o respecto à nosa toponimia.
  • 25. Impulsar a nosa cultura galega é a nosa forma de estar no mundo O BNG esixiremos a transferencia dos servizos e medios culturais à Comunidade Autónoma, así como a xestión do 1% cultural para a rehabilitación do patrimonio histórico artístico e a recuperación para usos culturais dos espazos militares en desuso. Procuraremos a creación dunha oferta cultural galega na promoción exterior, nomeadamente o Instituto Cervantes.
  • 26. Educación gratuíta, laica e galega: dereito irrenunciábel! O Bloque avogamos polo crecemento das dotacións adicadas à educación co obxectivo de igualarnos co nivel medio de gasto educativo na UE en cinco anos. Apostamos pola reforma da LOU para garantir a Universidade pública e incrementar o seu financiamento tomando como referencia o 1,5% do PIB. Amáis, expulsaremos do ensino regrado a relixión confesional, posto que as crenzas son unha cuestión privada.
  • 27. Internacionalizar o deporte galego: Xogámonos moito! O nacionalismo apostamos polo noso deporte. Demandamos a territorialización das dotacións orzamentarias do CSD destinadas ao noso país, que as nosas federacións sexan a derradeira instancia en todo o relacionado coa articulación dos diferentes deportes no noso territorio e a participación das nosas selecións nas competicións internacionais.
  • 28. Para profundizar na democracia!
  • 29. Reformar a lei electoral: mellorar a representatividade! O BNG promoveremos unha reforma electoral que convirta à comunidade na circunscripción, adopte unha fórmula proporcional de asignación de escanos, elimine as barreiras aos partidos pequenos, obrigue a debatir publicamente e prohíba a propaganda postal.
  • 30. Reformar as institucións: fomentar a participación O Bloque impulsaremos unha reforma que rebaixe as condicións das ILP’s, permitindo aos seus impulsores defendelas persoalmente e unha lei de consultas públicas que promova a democracia directa en forma de consultas à cidadanía das distintas administracións nas súas competencias, sendo
  • 31. Rexenerar a clase política: recuperar a confianza! O nacionalismo pularemos pola aplicación rigorosa do réxime de incompatibilidades, así como a ampliación dos seus supostos; pola modificación do estatus dos expresidentes obrigando a renunciar a el se exercen actividades remuneradas para empresas privadas e pola aplicación dunha Lei de Transparencia que aporte claridade aos trámites administrativos de procedementos de gasto.
  • 32. Ampliar os dereitos, practicar o laicismo: extender a cidadanía O BNG defenderemos a regulación do dereito a unha morte digna e a expansión dos dereitos das parellas de feito co horizonte no equiparamento ao matrimonio. Ademáis, queremos revisar os acordos entre o Estado e o Vaticano a fin de eliminar os privilexios da Igrexa Católica, reducindo as aportacións públicas às distintas confesións co obxectivo do seu autofinanciamento e a aprobación dunha norma que expulse os símbolos relixiosos dos actos oficiais e dependencias
  • 33. Polo Autogoberno!
  • 34. Creando o estado plurinacional: autodeterminar Galiza! O Bloque impulsaremos a reforma do Tribunal Constitucional para que resposte ao carácter composto do Estado e deixe de ser unha institución centralista e tamén a reforma do Senado convertíndoo nunha cámara de representación das nacións con dereito de veto sobre decisións que afeten aos intereses e competencias dun territorio concreto.
  • 35. Encaixar na Unión: Galiza, nación europea! O nacionalismo pularemos pola presenza da Galiza na Unión Europea e no eido internacional de acordo co estatus nacional acadado coa reforma do Estado Plurinacional.
  • 36. Pola paz internacional!
  • 37. Democratizar as relacións internacionais: o respecto ao dereito alleo é a Paz! O BNG impulsaremos unha política internacional orientada a reformar a ONU como unha sociedade de nacións orientada à cooperación entre pobos, sen membros con dereito a veto que non teñan sido electos entre o conxunto da comunidade internacional. Tamén promoveremos que o Estado Español presione por un referendum no Sara Ocidental.
  • 38. Pacifismo exterior: a política de Defensa, só contra agresións! O nacionalismo promoveremos unha política de Defensa que se limite à proteción do territorio fronte ameazas exteriores e que obrigará à retirada dos continxentes militares no exterior. Promulgaremos tamén a transparencia nas exportacións de material militar e de dobre uso.
  • 39. Xosé Manuel Pérez Bouza (Caracas, 1970) é unha persoa comprometida co pobo ao que representou tanto no seu concello, A Porqueira (1999- 2011), coma na Deputación de Ourense (2004-2008), ou no Senado (2008-2011). De profesión, enfermeiro, propónse representar a Ourense no Congreso para sanar a esta provincia enferma de caciquismo. POR OURENSE! POR GALIZA! MÁIS DEMOCRACIA! MÁIS TRABALLO!
  • 40. VOTA

Related Documents