CEIP “Xesús San Luís Romero” Curso 2011-12 ENDL
RUMANÍA NADAL A maioría dos romaneses son cristiáns ortodoxos, aínda que existentamén católicos do...
A Igrexa ortodoxa celebra o Nadal o 25 de decembro, que é un festivo de ámbito nacional. A tradición máis im...
A noite antes do Nadal todos os nenos e nenas do pobo van a todas as casas cantar panxoliñas para que todos teñan sorte...
NOITEVELLA Os romaneses celebran o Revelionul, a súa particular Noitevella,en familia ou cos amigos. Moitos resisten a...
Outra tradición é que as mulleres solteiras camiñan cara un pozo, prenden unha vela e miran cara abaixo. O refle...
PORTUGAL NADAL A tradición cristiá de Portugalmarca os festexos do Nadal. É costume asistir a...
A pesares de ser un país unificado, en Portugal o Nadal festéxase dedistintas formas segundo a cidade da que falemos. N...
Festa da familia No día de Noiteboa téntase reunir o maior númerode familiares posible. Normalmente as mulleres comezan du...
Ademais dos dóces, ásase bacallau ou polbo na brasa, regado debo aceite e que se comerá acompañado dun bo viño verde. O p...
Despois da Medianoite os nenosretíranse para durmir, deixando xunto álareira ou a árbore de Nadal, o zapatiñopara que o Pa...
NOITEVELLA 12 uvas para 12 desexos. Segundo un refrán luso, o que se fag...
ALEMAÑA NADAL Di a lenda que na Noiteboa alemá os ríos convértense en viño, osanimais falan entre si, ...
Despois de asistir aomercado e para preparara Noiteboa, a nai ocúpasedecorando a árbore, xaque os nenos non podenvelo ata ...
NOITEVELLA En Alemaña é tradición deixar no prato algúns restos do que secease ata despois da medianoite, como forma de ...
En canto o reloxo golpea as 12 da noite a xente abrázase, bícase ebrinda desexándose “Gutes Nue Jahr” Xa despois...
ANDORRA NADAL O festexo do Nadal no Principado de Andorra é moi particular porestar no medio dos Pi...
Con respecto á cociña, hai deliciosos pratos de orixe medieval, como a carne asada coñecida como “carn d´olla” e un de...
ARXENTINA NADAL A noite do 24 de decembro a familia reúnese para cear. Como épleno verán fai moito cal...
Xusto ás 12 da noite quéimase moita pólvora, danse un bico e un abrazo e ábrense os agasallos. Entre os agasallos...
NOITEVELLA En Arxentina bríndase con sidra ou champán, desexándose un felizano novo coa familia fronte a unha boa mesa...
Na cidade de La Plata, e en menor medida noutros barrios hai atradición da queima de bonecos e representa o ano que remata...
VENEZUELA NADAL O Nadal en Venezuela celébrase dende o 16 de decembro ata o 2de febreiro, ...
Procesións de pousadas, Esta celebración conmemora o viaxe de María e Xosé a noite quenaceu Xesús. Cada ano, do 16 ao 2...
Nas cidades e pobos hai moitas festas e concertos con grupos de gaitas, un ritmo musical orixinal do estado Zulia. Cántase...
NOITEVELLA A espera e fin de ano é moi especial en Venezuela.Antes de que deanas 12 as familias reúnense nos seus fogare...
EL SALVADOR NADAL A Noiteboa é moi importante en O Salvador. Os nenos recollen epreparan foguetes e e...
NOITEVELLA Ao igual que no Nadal nas primeiras horas comézanse ospreparativos da cea de Noitevella. Aos salvadoreños g...
BRASIL Os brasileiros son unha mestura de diferentes minorías étnicas, ecoma unha ex colonia portuguesa, teñen moitos co...
NOITEVELLA O mar xoga un papel moi importante: o ceo das praias brasileirasilumínase cos fogos artificiais e as “filhas...
COLOMBIA NADAL A cea de Nadal consiste en polo, porco recheo, ensalada conencurtidos, pataca pequena ...
O XOGO DOS AGUINALDOS En Bogotá, e na maioría de Colombia hai algúns costumessimpáticos para celebrar o Nadal. Un é o ...
CANTOS E PANXOLIÑAS Tunaima: (coro) Tutaina tuturamá tutaina tuturumaina tutaina turumá, turumá tu...
Nese momento a familia saúdase, dándose bos desexos e despoisvan ás rúas para saudar a veciños e amigos. Algunhas persoas...
A véspera de Ano Novo é unha das festas máis importantes, naCosta Caribe e no val do Cauca adoitanse facer as típicas“Pach...
CHINA NADALSOLSTICIO DE INVERNO Hai 2.500 anos na China determinouse o punto do solsticio de inverno (momento en ...
Segundo un pensamento chino antigo, o yang, as cousas positivasvólvense máis abondosas pasado ese día, polo que debe celeb...
No sur de China, toda a familia come unha comida feita e feixónsvermellos e arroz glutinoso para alonxar os fantasmas e ou...
ANO NOVO O Ano Novo Chino (chino tradicional : 農曆新年, chinosimplificado: 农历新年, pinyin: nónglì xīnnián, "Ano Novo do Ca...
O vindeiro Ano Novo Chino será o ano do Dragón , e durará do 23 deXaneiro de 2012 ao 9 de febreiro de 2013. O signo do...
O pobo chino creu por moitotempo que permanecer espertodurante toda a noite ese día axudapara que os seus pais teñan unha ...
Unha das vistas máis espectaculares durante o Festival do Ano Novo Chino son as danzas do dragón e do león. As cabezas de...
No cuarto día, pola tarde, a xente prepara ofrendas de comida pararecibir o retorno do Deus da Cociña que retorna da corte...
Tamén se preparan bocadillospara a ocasión, como o pudin de arrozglutinoso (nien-kao), para desexarlle áxente que “avance ...
NADAL Aínda que a festa invernal máis importante é o ano novo chino, ainfluenza occidental fixo que todo o mundo coñe...
PAQUISTÁN NADAL O Nadal converteuse na festa máis global, celebrada por membrosde todas as relixión...
Eid Al Fitr Significa Feliz Id.A Festa Eid Al Fitr pode compararse co noso Nadal, é unha dasfestas máis importantes ...
Cando remata o Ramadán empeza o mes de Sh´awwal, coa festa máisgrande, a festa de Aid Al Fitr, ou “festa da ruptura do xex...
Máis tarde a xente intercambia agasallos e visita aos parentes e amigos. Dáse esmola aos pobres. Ao longo ...
of 49

Nadal no mundo

Published on: Mar 3, 2016
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Nadal no mundo

  • 1. CEIP “Xesús San Luís Romero” Curso 2011-12 ENDL
  • 2. RUMANÍA NADAL A maioría dos romaneses son cristiáns ortodoxos, aínda que existentamén católicos do rito bizantino, luteranos, protestantes, armenios emusulmáns. Por eles os costumes e crenzas do inverno dos romaneses sonvariadas e o que coñecemos por “Nadal” celébrase con festas de moidiversa índole. Para celebrar o solsticio por toda Romanía teñen lugar festas demáscaras nas que a xente se disfraza de animal e danza. Nas aldeas de Maramures, principalmente, disfrázanse de animaisque no folclore tiveron un papel máxico, como a cabra ou o oso, o cervo,os cabalos…… Os homes forman cortexos ataviados con máscaras e peles de animais e percorren os principais camiños das aldeas, con música, mentres bailan. En moitas ocasións represéntase tamén a morte do inverno ou do ano vello, intentando asustalo, arrastándoo ou golpeándoo simbolicamente ou simplemente a través de danzas e cánticos máxicos. Nas danzas de animais, cabra e oso poden ir separados, xuntos, ou arrodeados doutras especies de animais ou disfraces diferentes, acompañados por traxes populares da zona onde se desenvolven.
  • 3. A Igrexa ortodoxa celebra o Nadal o 25 de decembro, que é un festivo de ámbito nacional. A tradición máis importante é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a temporada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira chamada steaua , que está cuberta con papel brillante e decorada con campás e cintas de cores.La O día de Nadal reúnense as familias, e as nais adoitan preparar cozonac, unha clase de panetone, que é un pan dóce, recheo de crema de chocolate ou noces. Tamén se prepara unha comida especial, xa que se reúnen toda a familia nas casas. Pasteis caseiros e preparados de carne de porco que se mata unha semana antes do Nadal, nunha especie de ritual moi antigo, que se gardou a través de séculos.
  • 4. A noite antes do Nadal todos os nenos e nenas do pobo van a todas as casas cantar panxoliñas para que todos teñan sorte no novo ano. A cambio dáselle noces e roscas, e volven á casa xa pola mañá, conxelados de frío pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos dóces. Toda esa noite o pobo énchese do canto e das risas dos nenos. Ao día seguinte, o día de Nadal, e antes de xantar van todos á igrexa, pequenos e maiores. . dentro. Podes escoitar panxoliñas nestes enlaces:http://www.vacance-roumanie.com/vacaciones_a_Rumania/navidad_en_Rumania.html http://www.slideshare.net/Vassy/navidad-en-rumana
  • 5. NOITEVELLA Os romaneses celebran o Revelionul, a súa particular Noitevella,en familia ou cos amigos. Moitos resisten ata o amencer e a maioríareúnense na rúa. No que a gastronomía se refire , os romaneses deleitanse cos tradicionais sarmale (guiso de carne e arroz enrolado en follas de col) e con dóces típicos como o cozonac. Nas rexións rurais aínda perviven vellas tradicións pagás, nas que algúns se disfrazan e se botan á rúa montados en pequenos arados de madeira, mentres os máis pequenos recitan tradicionais votos en verso (os Plugusorul) e tocan axóuxeres.
  • 6. Outra tradición é que as mulleres solteiras camiñan cara un pozo, prenden unha vela e miran cara abaixo. O reflexo do lume debuxará nas escuras profundidades da auga o rostro do seu futuro esposo. Pero as que prefiren non saír da casa, poden coller unha póla de albahaca e colocala debaixo da almofada. O soño desa noite terá como protagonista ao home que virá buscala no futuroR
  • 7. PORTUGAL NADAL A tradición cristiá de Portugalmarca os festexos do Nadal. É costume asistir a noite deNoiteboa á Misa do Galo e pechar estacelebración bicando os pes dunha figurado Neno Xesús. Rematados os oficiosrelixiosos a xente sae á rúa para queimaro Tizón de Nadal. A queima de leña ou de tizóns de Nadal é unha tradición deraíces remotas, que representa o triunfo da luz sobre as tebras.Existe a crenza de que canto máis grande é o tronco e máis tempodura a súa queima , mellor será a colleita do Ano Novo. Condiferentes rituais, en todas as rexións de Portugal arden tizóns nanoite de Noiteboa.
  • 8. A pesares de ser un país unificado, en Portugal o Nadal festéxase dedistintas formas segundo a cidade da que falemos. No norte, a celebración xira en torno ás lendas e os rituais dastradicións normandas, mentres que no centro e sur do país séguense astradicións do rito católico cos seus beléns e as súas misas. O Pai Natal deixa osagasallos xunto aosportais de Belén, algúnsdeles viventes, e outroscoas figuras tradicionais. Na rexión de Castelo Branco, en Benquerença os xovespercorren as rúas con pratos de fariña debuxando cruces brancasnas portas das casas. Esta escena remite á historia, cando un dossoldados de Herodes que buscaba a Xesús, chegou a unha portatraseira na que se ocultaba a Virxe co neno Xesús e marcouna confariña antes de ir buscar axuda. Cando o soldado volveu coa tropa descubriu que todas as portasda rúa estaban marcadas con este símbolo.
  • 9. Festa da familia No día de Noiteboa téntase reunir o maior númerode familiares posible. Normalmente as mulleres comezan durante a tardedo día 24 preparando todo para a cea, que comezarásobre as 19 horas, xa que nesta altura do ano é noitesobre as 6 da tarde. Nos preparativos préstase atención especial áscousas doces, que tradicionalmente constan de:Rabanadas, aletrías e mexidos. Na lareira arde un tronco que permanecerá ata a madrugada .
  • 10. Ademais dos dóces, ásase bacallau ou polbo na brasa, regado debo aceite e que se comerá acompañado dun bo viño verde. O prato principal da cea será o bacallau á brasa ou cocido conpataca, hortalizas, cebolas e ovo. O segundo prato que é servido consta de arroz con polbo,xeralmente cocido. Ao final son servidos os dóces acompañados de viño do Porto,mentres toda a xente se divirte con xogos, anécdotas e conversas Os rapaces asan piñas no lume e toman os piñóns.
  • 11. Despois da Medianoite os nenosretíranse para durmir, deixando xunto álareira ou a árbore de Nadal, o zapatiñopara que o Pai Natal lles coloque o seuagasallo. Os adultos vanse para atradicional Misa do Galo. Onde se fixo a cea non se retira nadadas mesas, xa que segundo a tradición osanxos sérvense da comida que queda dacea. O día seguinte é o día de maior alegría para os nenos, xa que éhabitual correr cara ao zapato para ver os agasallos. Para o xantar ásase o tradicional pavo recheo, e adoita xantarxunta toda a familia de novo.
  • 12. NOITEVELLA 12 uvas para 12 desexos. Segundo un refrán luso, o que se faga durante os primeiros instantes do novo ano repetirase durante os doce meses seguintes. Para que a sorte os acompañe en todo momento, os portugueses reúnense para comer as 12 uvas da sorte, unha por cada mes, mentres piden un desexo. A xente estrea roupa interior de cor azul. Supersticións aparte, os portugueses adoitan festexar anoitevella na rúa, en familia ou entre amigos. Os máis fieis seguidoresda tradición arman bulla con potas e tixolas entoando as tradicionaisJaneiras indo de casa en casa desexando un feliz ano aos seus veciños.
  • 13. ALEMAÑA NADAL Di a lenda que na Noiteboa alemá os ríos convértense en viño, osanimais falan entre si, os gromos das árbores convértense en froitos,as montañas ábrense amosando pedras preciosas e que o canto dascampás escóitase no fondo do mar; nembargantes iso so poden aprecialoos puros de corazón….. Coma noutros países de Europa, en Alemaña as celebracións doNadal inícianse o 6 de decembro coa festa de San Nicolás, patrón dosnenos. Nalgunhas rexións os pequenos colocan pola noite un zapato para recibir os agasallos que lles deixa o santo, pero noutros lugares San Nicolás, vestido de branco cunha coroa dourada é o mensaxeiro que leva as súas peticións ao Neno Deus. Durante esta temporada tamén son moi populares os mercadosnavideños, onde se venden coroas de adviento, viño quente deespecias, figuras de madeira e velas entre outros.
  • 14. Despois de asistir aomercado e para preparara Noiteboa, a nai ocúpasedecorando a árbore, xaque os nenos non podenvelo ata a cea: mazás,doces, noces, galletas,anxos, recordosfamiliares, luces e velasson os mellores adornos. Aos pes da árbore colócanse os agasallos e noutro recuncho dahabitación ponse un prato con dóces para cada un dos membros dafamilia. Cando todo está listo soa unha campá indicando que os nenospoden pasar, despois cántanse panxoliñas e ábrense os agasallos. Para moitos existe a tradición de que todo aquel que non cea no Nadal é levado polos demos durante a noite, por iso se cociña unha gran variedade de pratos como salchicha branca e ganso asado. De sobremesa Dresde Stollen (pan recheo de froitas)Lebkuchen (barras de pan con especies) e Christollen (rebandas depan con noces, pasas e froitas secas)
  • 15. NOITEVELLA En Alemaña é tradición deixar no prato algúns restos do que secease ata despois da medianoite, como forma de asegurarse unhadespensa ben surtida durante o ano seguinte. Cómese o tradicional queixo raclette (queixo fundido) durante acea, col e cenoria tamén son comidas para traer estabilidadefinancieira. O último día do ano, oprotagonista en Alemaña é SanSilvestre. Na súa honra corre abebida e quéimanse castelos delume para alonxar os espíritosmalignos. Despois saen celebrar o fin de ano nos seus respectivos cotillóns en grupo e hai moitos espectáculos de fogos artificiais.
  • 16. En canto o reloxo golpea as 12 da noite a xente abrázase, bícase ebrinda desexándose “Gutes Nue Jahr” Xa despois da medianoite unha tradición consiste en desafiar odestino mediante a “cerimonia” do bleiglessen. Este ritual consisteen desvelar os misterios do futuro cunha barra de chumbo. O chumbo pásase por unha soldadora ouben fúndese cunha vela, e bótase en augafría cando empeza o amencer. O chumbolíquido vólvese sólido e acada formas rarasque cunha boa dose de imaxinación podenpredicir o que depara o porvir. . Outra tradición ou costume é ver a película “Dinner for One”, que é un curto británico de 11 minutos. A historia trata dunha señora (Miss Sophie) que celebra o seu aniversario número 90 en compaña do seu mordomo e varios amigos que non están porque xa morreron. Durante a cea de celebración o seu mordomo faise pasar por cada un dos amigos da señora. Podes velo en http://www.youtube.com/watch?v=b1v4BYV-YvA&feature=player_embedded
  • 17. ANDORRA NADAL O festexo do Nadal no Principado de Andorra é moi particular porestar no medio dos Pirineos, entre España e Francia, polo que presentaunha interesante amalgama de todos estes países. Entre as súas localidades destácase durante estas celebracións Santa Lucía, onde pola metade de decembro móntase un precioso mercadiño que ofrece unha variedade de obxectos relacionados con motivos navideños.
  • 18. Con respecto á cociña, hai deliciosos pratos de orixe medieval, como a carne asada coñecida como “carn d´olla” e un delicioso cocido de carne, verduras e fideos denominado escudilla de pagés. Nalgunhas mesas tamén é moi común o consumo de canelóns. Para a sobremesa froitas secas, chocolates e turróns, acompañados de copas de cava. A principios de xaneiro éinteresante o desfile dos ReisMagos polas rúas de Andorra laVella, que ao seu paso agasallan condóces aos nenos.
  • 19. ARXENTINA NADAL A noite do 24 de decembro a familia reúnese para cear. Como épleno verán fai moito calor, polo que a comida son ensaladas fríascomo a waldorf, carne asada, porco agridulce…. En canto a bebidastómase sidra. De sobremesa tómanse turróns, alfajores e pan dóce,que lle chaman panetone, con froita confitada, améndoas e noces.
  • 20. Xusto ás 12 da noite quéimase moita pólvora, danse un bico e un abrazo e ábrense os agasallos. Entre os agasallos tradicionais ás mulleres regálaselles panties de cor rosa, para a boa sorte, aos nenos case sempre xoguetes ou algo que teña que ver co seu equipo de fútbol favorito. Os nenos pídenlle os agasallos nunha carta que lle escriben a Papá Noel. O día de Reis segue sendo unha tradición importante. O ritual comeza na tarde ou á hora de cear o día 5 de xaneiro. A familia comparte unha deliciosa rosca, o pan está feito con Flor de laranxa e manteiga, decorado con froitas cristalizadas, coñecida como rosca de reis.A Son tradicionais os pesebres e tamén ás árbores de Nadal.
  • 21. NOITEVELLA En Arxentina bríndase con sidra ou champán, desexándose un felizano novo coa familia fronte a unha boa mesa chea de pratos nos que nonfalta o leitón, carne vacuna, pavita rechea, sandwichs de miga, viteltonné e piononos. Como sobremesa, de novo pan doce, turróns, froitassecas, mantecol e postres xeados. Nos seguintes minutos, fundamentalmente nos barrios , adóitasesaír á porta da rúa para compartir pirotecnia e brinde cos veciños. Nasseguintes horas é común acudir a zonas de discotecas e bares. Moitas familias descendentes de españois seguen a tradición das12 uvas, moi estendida sobre todo en Bos Aires.
  • 22. Na cidade de La Plata, e en menor medida noutros barrios hai atradición da queima de bonecos e representa o ano que remata. Grupos de xoves reúnense cun obxectivo común, o de crear omellor boneco, o máis grande e o máis bonito e, paradoxicamente, paraqueimar. O seu sentido é de Purificación, queimar o ano que se vai,conxuntamente con todo o malo. Fanse de trapo, papel de xornal e unarmazón de ferro e madeiras ademais de foguetes, mercados coscartos que se recadan de todos os veciños.
  • 23. VENEZUELA NADAL O Nadal en Venezuela celébrase dende o 16 de decembro ata o 2de febreiro, pero os adornos xa se colocan dende mediados denovembro en centros comerciais, casas, avenidas e rúas. É moi tradicional poñer o “pesebre”, montar o pino de Nadal eadornalo. Algunhas tradicións: Os cantos de aguinaldos, A partir do día 16 e ata o 24 e decembro, todas as madrugadascelébranse as misas de aguinaldo, onde os fieis acoden a dar grazas aoNeno Xesús por todo un ano de alegrías e cousas boas. Os coros deaguinaldos son famosos en todas as igrexas nestas celebracións.Si la Virgen fuera Andinay San José de los llanosEl Niño Jesús seríaUn Niño venezolano (bis)Sería un niño de alpargatasy liquiliqui planchaoun sombrero de cogoyoy el calzón arremangao.Tendría los ojos negritosquien sabe si aguarapaosy la cara tostaditadel sol de por estos ladosPor cuna tendria un chinchorrochiquito y muy bien tejidoy la Virgen meceriaal Niño Jesús dormido. Poderás escoitar moitos máis nesta páxina http://audio.ya.com/octamusica/
  • 24. Procesións de pousadas, Esta celebración conmemora o viaxe de María e Xosé a noite quenaceu Xesús. Cada ano, do 16 ao 24 ao anoitecer, os invitados reúnensefóra da casa. Un neno vestido de anxo encabeza a procesión quepercorre o vecindario, formada por nenos vestidos como María, Xosé eoutras figuras importantes. A procesión comeza e os peregríns buscanunha casa que lles dea “pousada”. Unha vez que se lle ofrezaaloxamento á procesión ábrense as portas e empezan os festexos. Caafesta remata coa rotura dunha piñata. Deste xeito en cada día celébrase unha festa nunha casa dovecindario. Parada ou paradura do Neno Deus Tamén chamada Roubo e Busca do Neno é unha celebración católicana cal celébrase que o neno Xesús xa pode pararse. Celébrase dende o1º de xaneiro ata o 2º de febreiro. Compártese en comunidade ou enfamilia e marca o fin do Nadal alí onde se realiza. O Neno Xesúslevántase do pesebre e rézase un rosario no seu nome. Nalgúns casos complétase con cantos e versos entoados porgrupos musicais e dáse un pequeno paseo polo entorno do fogar onde sefai. Ao remate do evento, os anfitrións reparten bizcochuelo e viño aospresentes.
  • 25. Nas cidades e pobos hai moitas festas e concertos con grupos de gaitas, un ritmo musical orixinal do estado Zulia. Cántase en grupo formado por homes e mulleres, tratan temas de amor, relixión, ata outros máis retranqueiros e de denuncia. O instrumento principal son os tambores. Entre os pratos típicos da Noiteboa é a hallaca, o pan de xamón, ensalada de galiña, ponche de crema ou leite de burra e de sobremesa torta negra e dóce de lechoza. Faise intercambio de agasallos entre amigos e familiares que seentregan á medianoite. Os nenos esperan con moita emoción o agasallode San Nicolás ou do Neno Xesús.
  • 26. NOITEVELLA A espera e fin de ano é moi especial en Venezuela.Antes de que deanas 12 as familias reúnense nos seus fogares e preparan a hallaca paracear. Ofrecerlla aos familiares e amigos é unha maneira de reafirmar aamizade e de desexar boa sorte para o ano vindeiro. Tamén é tradición comer as doce uvas. Igualmente, consérvase a tradición de usar prendas a estrear conroupa interior de cor vermello para atraer a boa sorte e amarela en anobisesto, un bolívar na man para a abundancia e tamén saír á porta dacasa ou pasear por fóra cunha maleta para augurar bos viaxes no anonovo. Todo iso, durante as doce campanadas que se adoitan escoitar polaradio ou nas igrexas e xusto antes de El Cañonazo, xa que dendeantigamente a chegada do 1 de xaneiro era anunciada polo son dun doscanóns do cuartel Sal Carlos, son que invadía a antiga Caracasanunciando o ano novo. Tampouco faltan os brindes con champaña. Algunhas persoas fan un boneco con trapos vellos, pólvora e gasolina,representando o ano que remata, que o acenden ás 12 da medianoite noque se chama a queima do Ano Vello. Con iso preténdese borrar osmalos recordos deixados polo ano vello para recibir con alegría o anonovo. e n Venezuela. Antes que den las 12, las familias se reúnen en sus hogares y prepara
  • 27. EL SALVADOR NADAL A Noiteboa é moi importante en O Salvador. Os nenos recollen epreparan foguetes e esperan con ansia o día 25 para abrir os seusagasallos. As familias reúnense a dar grazas por ser esta a festa máisimportante do ano. Antes da cea, a xente asiste á Misa do Galo, onde se cantanpanxoliñas. Represéntanse as Pastorelas e Pousadas , dramas de Nadalna que xente de varias idades se viste con bufandas de seda de coresbrillantes, blusas decoradas con encaixes e levan caiados de pastorese campás. A música tócase usando instrumentos de percusión. Todoscantan e bailan os máis tradicionais cantos de Nadal.A cea de Nadal é unhatradición familiar. Sérvesepavo, xamón e carne moídaque se acompaña con arroze vexetais. Comosobremesa cómensegalletas e preparados demazá. O prato favorito é otamal.
  • 28. NOITEVELLA Ao igual que no Nadal nas primeiras horas comézanse ospreparativos da cea de Noitevella. Aos salvadoreños gústalles comer ecelebrar ao grande, tamén se acostuma a vestir con roupa de estrea. Adóitase a pasala en familia, e tradicionalmente cómese pavo , ouben galiña, pans con polo ou tamales. Os nenos, xoves e tamén algúns adultos, pasan a noite “estourandofoguetes” e bailando . En moitos pobos organízanse bailes en prazaspúblicas para despois das doce da noite. Normalmente déixanse osfoguetes máis grandes para xusto ás 12 da noite á vez que se escoita acanción “Faltan cinco pa las doce”.
  • 29. BRASIL Os brasileiros son unha mestura de diferentes minorías étnicas, ecoma unha ex colonia portuguesa, teñen moitos costumes de Nadal queproceden desta cultura. Unha tradición é a creación dun belén. Papai Noel é a personaxe queagasalla en Brasil. Segundo a lenda viveen Groenlandia, pero cando chega aBrasil, leva xeralmente roupa de seda,debido ao calor do verán. Unha gran cea de Noiteboa inclúe pavo, xamón, arroz e cores e marabillosas verduras e pratos de froitas. Chámase Ceia e Natal.Os adornos inclúen flores frescas. Osfogos artificiais anuncian o comezo onadal e tamén se poden ver árboresiluminados en moitas cidades. Adoitahaber bailes populares e as festasduran ata o 6 de xaneiro, o día deReis.
  • 30. NOITEVELLA O mar xoga un papel moi importante: o ceo das praias brasileirasilumínase cos fogos artificiais e as “filhas do santo” (sacerdotisasafricanas) acenden velas e lanzan ao mar pequenos barcos cheos eflores e agasallos para ver se as follas os levan, o que é un bopresaxio. Umbanda é unha relixión practicada no Brasil, froito dunhamestura de ritos africanos e que xera a festa e Yemanja. Igual que noNadal as praias énchense e xente e os cantos relixiosos inician acerimonia en honra de Yemanja. Os participantes levan traxes decores diferentes cada ano (en función do santo que “gobernará”durante esta nova etapa), bailan e cantan. Rézanlle á santa e pídenlledesexos.
  • 31. COLOMBIA NADAL A cea de Nadal consiste en polo, porco recheo, ensalada conencurtidos, pataca pequena amarela e tamales cubertos con follas deplátano. As sobremesas son galletas de diferentes sabores, o manxarbranco con dóce en caldo, que se fai con azucre, clavo, cáscara delimón e brevas. Outras sobremesas son os buñuelos, milfollas enatillas, que se fan con leite e azucre. O día seis de xaneiro é o día en que os afillados reciben agasallos.O padrinazgo é unha institución moi arraigada na cultura, os padriñose madriñas son persoas moi especiais na vida dos nenos. Tamén reciben agasallos do Neno Deus o día 25 de decembro polamañá.
  • 32. O XOGO DOS AGUINALDOS En Bogotá, e na maioría de Colombia hai algúns costumessimpáticos para celebrar o Nadal. Un é o xogo de Aguinaldos, que sepractica dende o 16 e ata o 24 de decembro. Son diversos xogos como“tres pes” no cal se un está de pe e se descoida, o oponente vén consixilo e ponlle un pe entre os seus, ao tempo que pide o aguinaldo e haique pagarlle o que se teña apostado. Outros destes xogos son Pajitaen boca, A dar y no recibir, Al si y al no, etc Son xogos inocentes que divirten aos nenos, pero aos que taménxogan os maiores O DÍA DA VIRXE OU DAS VELAS O día 7 de decembro faise un día especial para adorar a Virxe, asfamilias reúnense e nalgúns lugares especiais arránxanse as rúas conmoitas luces e figuras de cores para que as persoas paseen edisfruten coas súas familias. Faise para alumearlle o camiño á Virxepolo que se debe facer como en forma de camiño cara á entrada dacasa, para que a Virxe María entre á túa casa a bendicila.
  • 33. CANTOS E PANXOLIÑAS Tunaima: (coro) Tutaina tuturamá tutaina tuturumaina tutaina turumá, turumá tutaina tuturumaina Los pastores de Belén vienen a adorar al niño la Virgen y San José los reciben con cariño. (coro) Tres reyes vienen también con incienso, mirra y oro a ofrendar a Dios su bien como el más grande tesoro. FOGOS ARTIFICIAISXa hai uns anos que se prohibiu o uso a pólvora e os fogos artificiais. NOITEVELLA É unha festa tradicional que se procura celebrar en familia. Regularmente as familias reunidas esperan ao son da música o aviso na radio ou na televisión de que o ano rematou. Na Costa Caribe é moi común escoitar a versión salseira de “Faltan Cinco pa ´las doce” http://youtu.be/YnbTbcR4yEw E a canción “Año Nuevo” da “Billo´s Caracas Boys” http://youtu.be/2_ZnbMVGriw Tamén o considerado himno popular para o Ano Vello do colombiano Crescencio Salcedo. http://youtu.be/OagKYC6jY8E
  • 34. Nese momento a familia saúdase, dándose bos desexos e despoisvan ás rúas para saudar a veciños e amigos. Algunhas persoas fan ritos como comer as doce uvas antes dasdoce campanadas pedindo un desexo por uva, ou ben dar a volta aorueiro cunha maleta simbolizando un ano novo cheo de moitos viaxes. É usual vestir roupa interior de cor amarela para atraer a boasorte. Tamén existe o costume, sobre todo nos barrios populares e declase media de elaborar e queimar o “Ano Vello” un boneco de trapoao que se lle incorporan foguetes e outros artefactos con base epólvora, que agora están prohibidos para evitar accidentes.
  • 35. A véspera de Ano Novo é unha das festas máis importantes, naCosta Caribe e no val do Cauca adoitanse facer as típicas“Pachangas” ou “Verbenas”, festas de rúas onde os veciños sacan árúa equipos de son para escoltar e bailar música sen parar. No interior do país, son costume as cenas en familia acompañadascon música e o primeiro de xaneiro faise o popular Paseo de Olla, unpaseo no cal se levan cousas da cociña, xeralmente a un río ou á praiae cocíñase en compañía da familia.
  • 36. CHINA NADALSOLSTICIO DE INVERNO Hai 2.500 anos na China determinouse o punto do solsticio de inverno (momento en que a noite é máis grande e o día máis pequeno) observando os movementos do sol cun reloxo solar. Ese día é o 22 ou 23 de decembro do noso calendario (calendario gregoriano). No hemisferio norte nese día experiméntase o día máis curto e a noite máis longa. Despois do solsticio de inverno, os días vólvense máis e máis longos.
  • 37. Segundo un pensamento chino antigo, o yang, as cousas positivasvólvense máis abondosas pasado ese día, polo que debe celebrarse. O Solsticio de Inverno converteuse nunha festa durante a dinastíaHan (206 a. C – 220 d. C) e prosperou nas dinastías Tang e Song. OsHan consideraban o solsticio de inverno como a festa do inverno porantonomasia, polo que se organizaban festas dende o estado. Todosdescansaban ese día, as fronteiras pechábanse e o comercioparalizábase. Os familiares agasallábanse con manxares exquisitos. Nas dinastías Tang e Song o solsticio de inverno era un día paraofrecer sacrificios ao ceo e aos antepasados. Os emperadores ían asaforas para adorar o ceo, mentres a xente común ofrecía sacrificiosaos seus pais mortos ou a outros familiares. A dinastía Qing (1.644-1.911) mesmo teñen un informe que explicaque o Solsticio de inverno é tan formal como a Festa da Primavera, quetamén se lle chama O Ano Novo o que amosa a gran importancia que selle da a este día. Nalgunhas partes do norte de China, a xente come sopa de raviolesdurante este día porque cren que lles dará calor para o inverno.
  • 38. No sur de China, toda a familia come unha comida feita e feixónsvermellos e arroz glutinoso para alonxar os fantasmas e outros seresmalvados. Os ravioles do solsticio de inverno poden usarse como ofrendas aosantepasados ou como agasallos a familiares e amigos. A xente e Taiwan mantén a tradición de ofrecer pasteis de novecapas aos antepasados. Os pasteis teñen forma de polo, parrulo,tartaruga, porco, vaca, ovella e están feitos con fariña de arrozglutinoso e cociñados ao vapor en diferentes capas nunha cazola. Estesanimais denotan bo augurio na tradición china. A xente do mesmo apelido ou os clans familiares reúnense nos seustemplos ancestrais para adorar aos seus antepasados en orden deidade. Tras a cerimonia de ofrenda, celébrase un gran banquete.
  • 39. ANO NOVO O Ano Novo Chino (chino tradicional : 農曆新年, chinosimplificado: 农历新年, pinyin: nónglì xīnnián, "Ano Novo do CalendarioAgrario"), máis coñecido, en China, como a Festa da Primavera (春节,春節, chūnjíe) ou Ano Novo Lunar (isto último especialmente fóra delpaís) é a festividade tradicional más importante do ano chino, celebradatamén noutros países do leste de Oceanía. Baseado no calendario lunisolar utilizado tradicionalmente en China,as celebracións comezan o primeiro día do primeiro mes lunar (正月,zhēng yuè) e rematan o día quince, cando se celebra o Festival dosfarois (元宵节, 元宵節, yuánxiāojié). Durante este períodoprodúcese a maior migración humana do planeta, o “movemento deprimavera (春运, 春運, chūnyùn), con millóns de persoas viaxandoaos seus lugares de orixe para celebrar as festas coas súas familias.
  • 40. O vindeiro Ano Novo Chino será o ano do Dragón , e durará do 23 deXaneiro de 2012 ao 9 de febreiro de 2013. O signo do Dragón parte da astroloxía china e nas culturas milenariasorientais é considerado, ao igual que a serpe, un animal de boa sorte. Naantiga China é considerado como o garda dos tesouros, tamén dasabedoría. As persoas nacidas baixo este signoson consideradas como nobres, sabias ecreativas, mesmo moi sociables con todose tolerantes, comprensivos aossentimentos cos demais. A víspera do Ano Novo, o equivalente á Noitevella occidental,chámase en chino “chuxi” (除夕, chúxī; chu significa pasar xivíspera). Os membros da familia que xa non viven na casa fan unesforzo especial para retornar ao fogar para unha reunión e compartirunha gran comida. Nese momento osmembros a familia entregan“diñeiro da boa sorte” ensobres vermellos aos anciánse nenos , e quedan espertostoda a noite para darlle abenvida ao Ano Novo.
  • 41. O pobo chino creu por moitotempo que permanecer espertodurante toda a noite ese día axudapara que os seus pais teñan unha vidamáis longa. Así mantéñense acendidasas luces durante toda a noite paraalonxar a Nian e como unha escusapara manter á maior parte da familiareunida. Algunhas familias mesmorealizan cerimonias relixiosas despoisda medianoite para darlle a benvida aoDeus do Ano Novo nos seus fogares,un ritual que xeralmente rematacunha enorme rolda de petardos. O primeiro que se fai o día de Ano Novo é o ritual de renderhomenaxe aos antepasados. Despois venéranse aos deuses, seguido porun acto onde os membros máis xoves da familia presentan os seusrespectos aos maiores que aínda viven. A xente pon vestidos novos evisita aos amigos, veciños e familiares para intercambiar bos desexosde kung-hsi fa-tsai que significa “felicitaciones e prosperidade”. É un momento para a reconciliación, onde se deixan aparte osrencores o pasado.
  • 42. Unha das vistas máis espectaculares durante o Festival do Ano Novo Chino son as danzas do dragón e do león. As cabezas desas temibles bestas supostamente alonxan o mal, e os áxiles movementos dos danzantes ofrecen un gran espectáculo. . O segundo día do Festival do AnoNovo é o día en que as fillas casadasretoman o fogar dos seus pais. O esposodebe acompañala e levar agasallos para asúa familia. Segundo unha lena o terceirodía do Ano Novo é o día en que os ratoscasan ás súas fillas. Por iso, durante esanoite, suponse que a xente debe deitarsecedo para que os ratos poidan levar acabo as súas cerimonias de matrimonio.
  • 43. No cuarto día, pola tarde, a xente prepara ofrendas de comida pararecibir o retorno do Deus da Cociña que retorna da corte do Emperadorde Xade. Significa o fin da liberdade da supervisión espiritual, por iso unpopular refrán chino di “Nunca é moi cedo para despedir aos deuses, nin émoi tarde para invitalos a que retornen” O quinto dia pon fin ás festividades do AnoNovo Chino. Quítanse todas as ofrendas dos altarese a vida retorna á normalidade. Finalmente nonoveno día, preséntanse numerosas ofrendas nospatios dos templos para celebrar o aniversario doEmperador do Xade, que segundo a crenza popular,naceu inmediatamente despois da medianoite donoveno día. Como en todas as festividadeschinas, a comida xoga un papelimportante durante todo o Ano Novo eas ceas tenden a ser especialmentesuntuosas. Moitos dos pratos que sepreparan para esta ocasión sonconsiderados símbolos da boa sorte.Por exemplo, o peixe (yu) representa“abundancia”, a ceboliña (chiu-tsai)significa “eternidade”, os nabos (tsai-tou) simbolizan “bo augurio” , mentresque as bolas de peixe (yu-wan) e ecarne (you-wan) representan“reunión”.
  • 44. Tamén se preparan bocadillospara a ocasión, como o pudin de arrozglutinoso (nien-kao), para desexarlle áxente que “avance cara cargos máisaltos”. A xente do norte de Chinaxeralmente prepara empanadillas(Shui-chiao) que teñen a forma elingotes de ouro e supostamenteaxudan a quen as coma a ter riqueza.
  • 45. NADAL Aínda que a festa invernal máis importante é o ano novo chino, ainfluenza occidental fixo que todo o mundo coñeza o Nadal, aínda quenon saiban exactamente o que se celebra. Nestas datas moitos comercios decoran escaparates coma enoccidente e mesmo os empregados levan o gorro de Papá Noel nalgúnscasos. As familias máis modernasdas grandes cidades taménmontan a árbore na casa e osnenos poñen o calcetín para queShengan Laoren , o Vello doNadal 圣诞老人 lles traia osagasallos.Respecto á cea de Noiteboa, en xeral, so a comunidade cristiá acelebra. A xente xove adoita saír cear fóra o día de Nadal, e como é uncostume estranxeiro celébrano comendo pizza.
  • 46. PAQUISTÁN NADAL O Nadal converteuse na festa máis global, celebrada por membrosde todas as relixións, mesmo os musulmáns. A comunidade musulmá de Paquistán fórmaa o 97% da poboación, édicir, 140 millóns de habitantes. A comunidade cristiá fórmana apenas un2%, uns dous millóns e medio. A pesares deste desequilibrio, Paquistán é un país islámico quecelebra o Nadal, un exemplo de concordia máis alá das relixións. As familias cristiás preparan con agarimo o pouco espazo dispoñiblenas súas casas para recibir aos parentes que chegan das zonas rurais; osfillos participan na preparación de veladas, concursos, etc. As casasadórnanse e hai unha especie de linguaxe oculto entre os cristiáns:poucos adornos externos, pero moita vivencia interior. Unha das manifestaciónsexternas destas festas son assinxelas estrelas que eses días estánadornando a maioría dos fogarescristiáns. Non son estrelas que seoculten, senón que se fan de papel ede cartón duro, énchense de luces deunha ou varias cores e dispóñense dexeito que colguen dun pau de bambú,canto máis lonxe mellor, para que asvexa máis xente.
  • 47. Eid Al Fitr Significa Feliz Id.A Festa Eid Al Fitr pode compararse co noso Nadal, é unha dasfestas máis importantes para os musulmáns Fanse compras coma as nosas polo Nadal. Faise para celebrar o final do Ramadán. O Ramadán é o noveno mes doano lunar, e too musulmán debecumprilo . Tanto os homes como asmulleres deben deixar de comer(sexún), de fumar, perfumarse outer relacións sexuais dende a saídado sol ata o anoitecer. As únicasexcepcións son os enfermos, osviaxeiros, os nenos e as mulleresembarazadas. Estas prohibiciónsdesaparecen ao caer a noite. O finaldo Ramadán celébrase con grandesfestas O Ramadán dura 29 días aproximadamente. O ano 2012 corresponde co Ano da era da Héxira 1433. As datas do Ramadán serán do 15 de xullo ao 12 de agosto.
  • 48. Cando remata o Ramadán empeza o mes de Sh´awwal, coa festa máisgrande, a festa de Aid Al Fitr, ou “festa da ruptura do xexún”,que se celebra con moita ledicia. Repártense bendicións e desexase felicidade, persoalmente oumandándose tarxetas, dando grazas a Deus por ter superado asdificultades do Ramadán. O día comeza bañándose e vestíndose coa mellor roupa. Despois acódese á mesquita para as oracións.
  • 49. Máis tarde a xente intercambia agasallos e visita aos parentes e amigos. Dáse esmola aos pobres. Ao longo do día reflexiónase sobre o significado do Islam e téntanse limar as diferenzas coa familia e os amigos, para poder empezar unha nova vida baixo o signo da paz e a reconciliación. Repártense dóces, comida e bebidas sen alcohol nas mesquitas e fogares e as celebracións duran tres días nos países islámicos. Id ul Ada 70 días despois do Id al Fitr celébrase o Id ul Ada ou Festa doSacrificio que tamén poderíamos comparar co noso Nadal. Nela celébrase o sacrificio que fixera o profeta Abrahám dunanimal. A vítima orixinal dese sacrificio debía ter sido o seu fillo. O símbolo para o día é un carneiro (ou cabra, vaca, ovella, touro oucamelo, que non está especificado o animal, agás que debe ser de boacalidade e gozar de boa saúde) A carne do animalrepartirase entre os que omercaron (pode ser máisdunha familia) e taménentre as familiasnecesitadas do barrio quenon o puideron mercar. Hai feiras de animaisvivos que se habilitaexclusivamente para esteId

Related Documents