Naquela fraga había Moita vida, esplendor E un verdor de esperanza A brisa non tiña présa Non precisaba correr Nun lugar ...
of 1

Naquela Fraga Había

Published on: Mar 3, 2016
Published in: Technology      Business      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Naquela Fraga Había

  • 1. Naquela fraga había Moita vida, esplendor E un verdor de esperanza A brisa non tiña présa Non precisaba correr Nun lugar no que os paxaros Cantaban sen perder o alento, Onde corrían os nenos E renacían lembranzas Que o bosque facía volver Á memoria das súas xentes. Os máis vellos cantaruxaban Ledas cancións do seu tempo. E veu outra sinfonía Parecía un ruído infernal As árbores caían sen tregua Os animais berraban de horror A xente xa non recordaba As imaxes do lugar. Ó día seguinte xa Non quedaba nada Non se oía nada Non se recordaba nada. Só se escoitaba Silencio (Alba Andrade Vázquez)

Related Documents