Previr problemas de atención.
• A ter en conta : que hai nenos que poden presentar
algúns síntomas característicos do Tras...
estar valorado por un médico e recibir o
tratamento adecuado .
3- Un entorno familiar tranquilo , onde o estrés , as
presa...
Se o evitamos , o neno acudirá á escola en
mellores condicións de concentración.
6- Reducir o uso de videoxogos, mellor qu...
-Samuell Carme :”Alumnado con dificultades de regulación
del comportamiento”( infantil e primaria).Ed.Grao
-Vallés Arándig...
of 4

Previr problemas de atención

Pautas para previr problemas de atención
Published on: Mar 4, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Previr problemas de atención

  • 1. Previr problemas de atención. • A ter en conta : que hai nenos que poden presentar algúns síntomas característicos do Trastorno por Déficit de atención con Hiperactividade ( TDAH ) e sen embargo , non padezan este trastorno. Son nenos moi inquedos , os que lles falta a atención dun xeito moi chamativo; e , a miúdo presentan moita actividade . Antes dos seis anos non é habitual establecer un diagnóstico definitivo; pero podemos adoptar unha serie de medidas educativas e estimuladoras tanto na escola como na casa para que o neno mellore , e , incluso os síntomas desaparezan. • Pautas para levar a cabo dende a casa : 1- Dormir o necesario polas noites . Xa que si o sono é insuficiente, terá dificultades durante o día de atención e mostrarase inquedo. 2- Tratar os problemas respiratorios importantes :asma,bronquitis ou alerxias. Estos problemas implican case sempre dificultades para que o sono sexa de calidade e durante o día provocan fatiga e irritabilidade. Nestes casos o neno debe
  • 2. estar valorado por un médico e recibir o tratamento adecuado . 3- Un entorno familiar tranquilo , onde o estrés , as presas , o desorde , os cambios frecuentes ou a falta de rutina provoquen problemas de atención e nerviosismo no neno. Asemade , os cambios frecuentes na vida do neno, tamén conducen a descentralo: comer cada día nunha casa, non ter un lugar fixo onde estar… Un entorno tranquilo , cunha rutina diaria sen moitos cambios, onde o neno saiba o que vai a pasar a continuación , onde non haxa berros nen presas continuas, favorecen a serenidade do neno. 4- Mellorar as pautas educativas, que serven aos pais/nais para educar e manexar a conduta do neno. Algunhas pautas empeoran a inquietude do neno ,que o neno consiga o que quere se insiste ou se enrabiete , que non haxa normas claras, que se incumplan as medidas , chamar a atención indefinidamente e sen éxito, a sobre protección excesiva , a falta de acordo entre a parella….todo isto emperoa as cousas. 5- Non expoñelo á televisión antes da escola , xa que reduce a capacidade de atención na aula.
  • 3. Se o evitamos , o neno acudirá á escola en mellores condicións de concentración. 6- Reducir o uso de videoxogos, mellor que usen xogos que estimulen a súa imaxinación e creatividade , así como a relación con outros nenos. 7- Garantir un tempo de xogo ao aire libre, xa que favorece a relación con outros nenos e canaliza a súa enerxía e vitalidade. 8- Fomentar o uso de xogos que favorecen a atención , como puzzles e dominós infantís . 9- Contarlles contos, mellor se lemos en conxunto , explicándolle as imaxes que aparecen nos libros e preguntándolles sobre o lido. Finalmente se nada funciona, haberá que decidir que un especialista valore as súas dificultades. Bibliografía : -Christopher Green e Kit Chee :“El niño muy movido o despistado”.Ed.Medici. - Ana Miranda Casas :”Trastorno por déficit de atención con hiperactividad.”.Guía práctica.Ed.Aljibe.
  • 4. -Samuell Carme :”Alumnado con dificultades de regulación del comportamiento”( infantil e primaria).Ed.Grao -Vallés Arándiga, Antonio:”Alumnos con inatención, impulsividad e hiperactividad”. -Simone Harland:”Niños índigo”(hiperactivos o superdotados). Webgrafía : -www.mujerglobal.com/hijos/niño-movido-o-hiperactivo -www.adhd.com.ar/publicaciones(preguntas más frecuentes sobre niños hiperactivos).