A electricidade estivo sempre presente na natureza (tormentas). Pero non foi ata
mediados do século XX, no que se empregou...
of 1

Naturais resumo tema_11_quinto

Resumo do tema 11
Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Naturais resumo tema_11_quinto

  • 1. A electricidade estivo sempre presente na natureza (tormentas). Pero non foi ata mediados do século XX, no que se empregou a diario nas nosas vidas. A materia é todo aquilo que ten masa e volume. Está formada por unidades básicas moi, moi pequenas, que non se poden ver, chamadas átomos (sen+división). Todos os seres vivos, as rochas, o aire ou a auga somos materia e, polo tanto, estamos formados por átomos. Os átomos están compostos por partículas máis pequenas, que poden ter carga eléctrica (positiva ou negativa). Se nun corpo se acumulan cargas eléctricas, aparece a electricidade estática (fregamos globo/bolígrafo con la). Atopámonos con tres tipos de máquinas eléctricas: Xeradores: transforman outros tipos de enerxía en enerxía eléctrica (dínamo, muíños vento, turbinas...) Transformadores: modifican algunha característica da electricidade, para facer fácil o seu uso ou transporte. Motores: transforman enerxía eléctrica noutro tipo de enerxía (maioría dos electrodomésticos) Hai materiais que permiten o paso da electricidade por eles; outros non. Materiais condutores son os que permiten o paso da corrente eléctrica por eles (os metais, auga,...) Materiais illantes son os que non permiten o paso da corrente por eles (plásticos, madeira, gomas...) ELEMENTOS DUN CIRCUÍTO Xerador: subministra enerxía (central eléctrica, pila ou batería) Fíos condutores: por eles viaxa a electricidade. Receptores: transforman a enerxía eléctrica noutra (luz, movemento, frío, son...) Elementos de manobra: controlan o paso da electricidade (interruptores) Un circuíto pode estar montado en serie [un receptor vai a continuación doutro; se un receptor se funde, a corrente non pasa por ningún] ou en paralelo [os receptores están conectados directamente ao xerado; se un se funde, os outros funcionan). IMPORTANTE - Seguridade: Non uses electricidade en lugares húmidos ou mollados. Non andes en cables ou enchufes. Se notas cóxegas nun aparello, non o toques e avisa a un adulto. Non tires do cable para desenchufar un cable. Respecta normas do fabricante.