ANIMAIS INVERTEBRADOS Representan o 95% dos animais da Terra. Hai moita
diversidade, pero todos son ovíparos e sen esquele...
Aínda que as medusas, as anémonas e os corais presentan formas moi diferentes,
teñen en común as seguintes características...
of 2

Naturais resumo tema_4_quinto

Naturais 5º, tema 4 NETEX
Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Naturais resumo tema_4_quinto

  • 1. ANIMAIS INVERTEBRADOS Representan o 95% dos animais da Terra. Hai moita diversidade, pero todos son ovíparos e sen esqueleto interno. Teñen o corpo brando e case todos con cuncha ou pel dura. Poden ter simetría bilateral, radial, ou ser asimétricos. Algúns grupos son: Artrópodos, coma os saltóns, as arañas, a lagosta e o cempés. Moluscos, coma os polbos, os caracois e o longueirón. Vermes, coma as lombrigas intestinais, as miñocas. Medusas, anémonas e corais. Equinodermos, coma as estrelas e os ourizos de mar. Poríferos. Os artrópodos son o grupo máis diverso e abundante de animais. Características: -Teñen un corpo articulado, dividido en varias partes. -Teñen patas articuladas. -Moitos teñen antenas. -Posúen pel endurecida que os protexe. Para poder medrar, os artrópodos despréndense desta pel. A este proceso denomínaselle muda. -Poden ser acuáticos e terrestres. Algúns poden voar. Os artrópodos divídense en catro grupos: insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Os insectos son o grupo máis abundante de artrópodos. As bolboretas, os saltóns e as libélulas son exemplos de insectos. . Teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome. Teñen seis patas. Teñen dúas antenas. A maioría teñen ás que lles permiten voar. Algúns son sociais. A maioría dos arácnidos son terrestres (arañas, escorpións).Características. Teñen o corpo dividido encefalotórax e abdome. Teñen oito patas. Crustáceos (nécora, cangrexo, lumbrigante) Características: A maioría son mariños. Teñen o corpo dividido encefalotórax e abdome. Teñen antenas. A maioría teñen dez patas. As patas dianteiras poden ser pinzas. Os miriápodos son todos terrestres (cempés e milpés). Características: Teñen o corpo dividido en cabeza e tronco. O tronco está dividido en aneis. Teñen moitas patas. Teñen antenas. Os moluscos teñen as seguintes características xerais: Teñen un corpo brando e musculoso. Poden ter unha cuncha externa, coma os caracois; cuncha interna, coma as luras; ou non posuír, coma as lesmas. A maioría son acuáticos, aínda que hai algúns terrestres coma as lesmas e os caracois. Dentro dos moluscos inclúense especies comestibles, coma as ameixas ou as luras. Hai tres grupos principais: bivalvos, cefalópodos e gasterópodos. Os bivalvos (navallas, ameixas, mexillóns) teñen as seguintes características: Son acuáticos, a meirande parte mariños. A maioría viven na area ou suxeitos ás rochas. Posúen unha cuncha formada por dúas pezas chamadas valvas. Non teñen cabeza diferenciada. Respiran por branquias. Cefalópodos (luras, polbos, nautilos). Neste grupo inclúese o animal invertebrado máis grande coñecido, a lura xigante. Características: Todos son mariños. Ningún cefalópodo ten cuncha externa agás o nautilo. Algúns, como a xiba, teñen unha cuncha interna. Teñen unha coroa de tentáculos xunto á cabeza. Respiran por branquias. Teñen un cerebro moi desenvolvido. Algúns segregan unha tinta negra para agocharse. As lesmas, os caracois ou as lapas son gasterópodos. A maioría son mariños. Teñen unha cabeza ben diferenciada. Os gasterópodos acuáticos respiran por branquias, os terrestres por pulmóns. Ten ollos en tentáculos, que se poden retraer ante o perigo. Moitos gasterópodos teñen unha cuncha externa con forma de espiral. Tamén hai gasterópodos sen cuncha, coma as lesmas. As lombrigas intestinais ou as samesugas son vermes. Características: Corpo brando e alongado. Teñen a pel húmida. Non teñen patas articuladas. Poden vivir na auga ou na terra, en ambientes húmidos. Algúns son parásitos e poden causar enfermidades.
  • 2. Aínda que as medusas, as anémonas e os corais presentan formas moi diferentes, teñen en común as seguintes características: Teñen o corpo en forma de bolsa, cun só orificio que está rodeado por tentáculos. O corpo é brando. Só algúns corais teñen unha coiraza dura. Posúen simetría radial. A maioría son mariños e viven en mares cálidos. Viven fixados ao substrato, agás as medusas, que poden nadar. Son carnívoros. Aliméntanse de animais que cazan cos seus tentáculos. As estrelas e os ourizos de mar son equinodermos. Características: Son mariños. Teñen simetría radial. Posúen unha protección formada por pezas duras situadas debaixo da pel. Os ourizos teñen pugas. Desprázanse moi lentamente no mar. Os poríferos (esponxas) son animais moi sinxelos. Características: Corpo con formas irregulares sin simetría. Corpo cheo de poros. Aliméntanse das substancias que filtran da auga a través dos seus poros.