Un ecosistema é o conxunto formado polos seres vivos que habitan un lugar
determinado e as relacións que se establecen ent...
of 1

Naturais resumo tema_5_quinto

Tema 5 naturais de quinto
Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Naturais resumo tema_5_quinto

  • 1. Un ecosistema é o conxunto formado polos seres vivos que habitan un lugar determinado e as relacións que se establecen entre eles e co medio no viven. Poden ser pequenos coma unha poza, ou grandes coma unha selva. A biosfera está formada por toda a superficie da Terra, todos os seres vivos que habitan nela e as relacións que existen entre eles. Os ecosistemas compóñense de: medio físico (lugar onde habitan os seres vivos; está formado por factores abióticos –sen vida- auga, luz, solo, relevo, temperatura...; seres vivos (compoñentes bióticos -con vida- dos 5 reinos; flora: conxunto de vexetais; fauna: conxunto de animais; fungos, algas ou bacterias); relacións entre os seres vivos e estes e o medio (aliméntanse uns doutros,compiten entre eles, reaccionas á luz, humidade...) Os ecosistemas poden ser humanizados (coa influencia do ser humano) ou naturais. Estes poden ser: -terrestres: o principal compoñente deste ecosistema é o solo. Produtores as plantas. Os factores máis importantes son a temperatura e as precipitacións (tundra, deserto, selva, sabana,...) -acuáticos: o principal compoñente destes ecosistemas é a auga. Produtores as algas. Os factores que máis inflúen son a luz, a presenza ou ausencia de sal e o osíxeno disolto na auga. (auga doce –ríos, lagoas-; auga salgada –mares, océanos) -mixtos: características dos dous tipos anteriores. A auga e o solo están moi relacionados. Unha praia. Entre os seres vivos danse relacións intraespecíficas (entre os da mesma especie: leóns coidan dos cachorros) ou interespecíficas (distintas especies: leóns aliméntanse de cebras). Cadeas alimentarias: entre os seres vivos danse relacións alimentarias e represéntanse nas cadeas alimentarias, formadas por varios elos (grupos de seres vivos que conseguen o seu alimento do mesmo xeito). O primeiro elo está formado por un produtor (herba,alga); os seguintes elos aliméntanse do anterior, transmitíndolles enerxía e nutrientes. Nas cadeas alimentarias podemos distinguir diferentes elos: Produtores: son seres vivos capaces de elaborar o seu propio alimento mediante a fotosíntese, como plantas ou algas. Consumidores primarios: son animais herbívoros que se alimentan dos produtores. Consumidores secundarios: animais carnívoros, alimentanse de consumidores primarios. Os animais omnívoros poden comportarse como consumidores primarios ou como consumidores secundarios, segundo o tipo de alimento que tomen. Descompoñedores: son seres vivos que se alimentan de restos doutros seres vivos, como follas caídas, excrementos, cadáveres... (fungos e bacterias) Os ecosistemas cambian (de xeito natural ou provocado polo ser humano). Nos ecosistemas danse equilibrios ecolóxicos. O ser humano inflúe nos ecosistemas coa contaminación, deforestación, quecemento global, extinción de especies...