O ser humano é un ser vivo e polo tanto realiza as tres funcións vitais: función
de nutrición, función de relación e funci...
No proceso de excreción están implicados os pulmóns (eliminan dióxido de
carbono a través do aire que expulsamos); o fígad...
of 2

Naturais resumo tema_6_quinto

Resumo tema 6 naturais
Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Naturais resumo tema_6_quinto

  • 1. O ser humano é un ser vivo e polo tanto realiza as tres funcións vitais: función de nutrición, función de relación e función de reprodución. As células organízanse en tecidos, os tecidos en órganos e estes en aparatos e sistemas. A dixestión consiste en obter enerxía (para realizar as funcións vitais) e substancias (para reparar tecidos e crecer ou para regular funcións e manterse san (calcio,...) Na dixestión participan o aparato dixestivo, aparato respiratorio, aparato circulatorio e aparato urinario e outros órganos excretores. A dixestión é o proceso polo que os alimentos e as bebidas que tomamos se descompoñen en partes moi pequenas, os nutrientes, que o corpo pode usar para obter materia e enerxía. O aparato dixestivo está composto por: O tubo dixestivo. Divídese en varias partes: boca, esófago, estómago, intestino delgado, intestino groso e ano. As glándulas anexas: segregan zumes que pasan ao tubo dixestivo e axudan no proceso de dixestión. As máis importantes son as glándulas salivares, o fígado e o páncreas. Fases da dixestión. A través da boca inxerimos auga e alimentos. Nela mastigámolos cos dentes ao mesmo tempo que se mestura coa saliva que segregan as glándulas salivares. A lingua axuda neste proceso. Así se forma o bolo alimenticio que pode ser tragado. O bolo alimenticio percorre o esófago para chegar ata o estómago. Cos seus movementos e zumes, o estómago transforma o bolo alimenticio en quimo, que pasa ao intestino delgado. O fígado e o páncreas verten os seus zumes ao intestino delgado. No intestino delgado o quimo transfórmase en quilo. Tamén é aquí onde se absorben a maioría dos nutrientes para pasar ao aparato circulatorio. A continuación, no intestino groso, absórbese a auga e fórmanse as feces, que son evacuadas a través do ano. Hábitos saudables: dieta saudable, vida activa con deporte, cepilla dentes e lava as mans antes de comer. O proceso de respiración é o proceso no que aspiramos e expulsamos aire a través do aparato respiratorio. O aparato respiratorio está formado polos pulmóns e as vías respiratorias. A respiración consta de dúas fases: ventilación pulmonar (inspiración e expiración) e intercambio de gases. O aire aspírase polo nariz, onde se humedece e se quenta. Despois pasa pola farinxe, a larinxe e a traquea (divídese en dous bronquios). Os bronquios divídense en condutos cada vez máis pequenos que rematan nos alvéolos. Os alvéolos son pequenos sacos de aire nos que se produce o intercambio de gases co aparato circulatorio (osíxeno pasa ao sangue e dióxido de carbono ao aire dos pulmóns). O aire entra e sae dos pulmóns grazas ao diafragma e aso músculos intercostais. O aparato circulatorio é o encargado de levar a todas as células do noso corpo os nutrientes e o osíxeno, e recolle as substancias de refugallo das células. O aparato circulatorio está formado por vasos sanguíneos (arterias, capilares e veas) , sangue e corazón. A circulación é o proceso mediante o cal o sangue se move por todo o corpo impulsado polo corazón. Consta de dous circuítos, circulación pulmonar (o sangue vai dende o corazón ata os pulmóns. Alí cargase de osíxeno e descarga o dióxido de carbono. Despois volve ao corazón) e circulación xeral (o sangue cargado de osíxeno é bombeado dende o corazón ata todo o corpo. O sangue transporta este osíxeno ata todas as células e recolle o dióxido de carbono que produciron). A excreción é o proceso polo que se eliminan as substancias de refugallo producidas nas células.
  • 2. No proceso de excreción están implicados os pulmóns (eliminan dióxido de carbono a través do aire que expulsamos); o fígado (elimina cara ao intestino substancias nocivas); as glándulas sudoríparas (na pel) que eliminan a suor; os riles, que filtran o sangue para formar os ouriños. O aparato urinario está formado polos riles, os uréteres (condutos que transportan os ouriños dos riles ata a vexiga; a vexiga (acumula ouriños) e uretra (conecta a vexiga co exterior). Nos riles penetran veas e arterias que se dividen sucesivamente para formar finísimos capilares a partir dos que se filtra o sangue, orixinando os ouriños. Os riles filtran o sangue. Os ouriños saen dos riles e viaxan polos uréteres ata chegar á vexiga, de alí saen ao exterior pola uretra. Durante a micción expúlsanse os ouriños que contén a vexiga ao exterior a través da uretra. APARATOURINARIO APARATODIXESTIVO APARATORESPIRATORIO