Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños. Ap. 15, E-36380 Gondomar. Tel 686 98 90 08 ...
Día tras días NARIGA foi gañando forza e aprendendo a comer, cousa que conseguiu elabsolutamente só. Neste tempo tratóusel...
of 2

Nariga2

Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Nariga2

  • 1. Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños. Ap. 15, E-36380 Gondomar. Tel 686 98 90 08 O LOBO MARIÑO “NARIGA”, SUPERA A PRIMEIRA FASE DA RECUPERACIÓN O lobo mariño NARIGA recollido pola Rede de Varamentos de Galicia en Malpica recupérase a boa marcha. Os lobos marinos cincentos (Halichoerus grypus) nacen entre setembro e outubro nascostas de Irlanda e chegan ata as costas galegas a partir de principios de ano. Desde o ano1999 a Coordinadora para o Estudio dos mamíferos Mariños, (CEMMA) é a entidaderesponsable diante da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia do rexistro,asistencia, recuperación e liberación das tartarugas e mamíferos mariños varados oucapturados accidentalmente por interacción con artes de pesca. Este traballo atópaseenmarcado na colaboración que ambas entidades levan adiante para o establecemento daRede de Varamentos de Galicia coordinada pola CEMMA. Entre o ano 1990 e 2011 a CEMMA leva rexistrando un total de 107 lobos mariños,pertencentes sobre todo a dúas especies, lobo mariño cincento e lobo mariño de capelo(Cystophora cristata), máis raramente rexístrase a presenza do lobo mariño común (Phocavitulina) e do lobo mariño anelado (Phoca hispida). Case a metade dos exemplares foronlocalizados con vida, o 45%, e sobre os cales son susceptibles de levar a cabo labores derehabilitación. Despois da recuperación, a CEMMA conseguiu devolver ao seu medio o 60%dos lobos mariños cincentos recollidos con vida, unha das cifras máis altas na recuperación dafauna salvaxe. A súa chegada a Galicia Na madrugada do 14 de xaneiro os percebeiros de Corme detectaron a presenza dunlobo mariño nas pedras da Punta Nariga. Ao mencer o exemplar permanecía no mesmo lugar,xa sen posibilidade de voltar ao mar pois a marea baixa impedíalle chegar ao auga entre asrochas. O animal non facía ningún intento de fuxir, por iso puxérono en coñecemento da Redede Varamentos que se dispuxo a recoller ao exemplar. Alá foi a Unidade Móbil da CEMMA conbase en Ferrol, contando co apoio de membros da Policía Local, Protección Civil e SociedadeGalega de Historia Natural-Ferrol. Neste momento atopámonos en plena tempada de lobos mariños. Estes exemplaresnacen nas augas irlandesas entre setembro e outubro, dispersándose despois do destete,motivo polo cal chegan ás costas galegas de xaneiro a marzo. A rede de varamentosportuguesa xa nos advertira da presenza dun lobo mariño nos Açores e desde AsturiasCEPESMA comunicáranos tamén unhas semanas antes a presenza doutro exemplar. A Unidade de Coidados Intensivos de Ferrol A CEMMA conta coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural que pon asúa disposición a Unidade de Recepción de Fauna e Coidados Intensivos de Ferrol ondeunha vez transladado o lobo mariño, superará as primeiras fases da recuperación. Os primeiros momentos, logo da recollida, foron angustiosos dado que o estado doanimal non permitía demasiadas esperanzas, a ausencia de forzas, a deshidratación e oesgotamento minaba os ánimos do equipo de asistencia que agardaba un triste desenlace. Aasistencia do equipo veterinario dende o primeiro momento marcaba as pautas do rescate e arehabilitación. Unha vez instalado na Unidade de Coidados Intensivos, nas novas instalacións doMuseo da Natureza, NARIGA superaba a primeira noite con éxito, na mañá seguinte a toma dedatos, o diagnóstico e a primeira aplicación do tratamento melloraba o seu aspecto e situación.
  • 2. Día tras días NARIGA foi gañando forza e aprendendo a comer, cousa que conseguiu elabsolutamente só. Neste tempo tratóuselle a lixeira luxación articular da súa aleta pectoraldereita e alimentouse debidamente. A primeira fase da rehabilitación está rematando e nun parde semanas chegará ao seu fin. A segunda fase no Acuario de O Grove A segunda fase do proceso de rehabilitación será levada a cabo no Acuario de O Grove,donde se habilitou unha instalación específica para acoller ó lobo mariño, que conta cunhapiscina de 7x7 metros, perfectamente illada, onde poderá exercitar a súa musculatura e gañarpeso. O desprazamento dende a Unidade de Coidados Intensivos de Ferrol ao acuarioefectuarase mañá domingo pola mañá. O Acuario de O Grove leva acollendo animais en recuperación dende hai máis de dezanos, e durante ese tempo funcionou como unidade de recuperación na que foron atendidos untotal de 30 tartarugas mariñas, 20 lobos mariños e 3 cetáceos. A maior parte destesexemplares superaron a fase de recuperación e foron devoltos ó seu medio. Necesidades de instalación de recuperación Dende hai anos a Xunta leva xestionando o proxecto de construcción dun Centro deRecuperación para a Fauna Mariña que está previsto que sexa instalado en terreos daComunidade de Montes de Baredo, en Baiona. O Centro de Recuperación para a Fauna Mariña permitiría mellorar e centralizar aslabores de asistencia e recuperación dos exemplares, xa que evitaría os desprazamentos dosanimais dun lugar a outro a medida que van superando as diferentes fases do proceso derecuperación, tal e como acontece na actualidade. A CEMMA colaborou na supervisión easesoramento do proxecto de construción deste centro, considerando que dará un forteimpulso ás labores de conservación da fauna mariña. A presenza reiterada de animais varados na costa de Galicia, moitos deles vivos, e polotanto con necesidade de recibir asistencia e precisar actuacións de recuperación acrecenta anecesidade desta instalación, dende a CEMMA solicitamos que o proxecto se manteña e seleve a cabo tal e como estaba previsto.A súa chegada ao Acuario do Grove, está prevista para mañá domingo 26 defebreiro ás 11:30 horas. Deixarase un tempo no acuario, entre 11:30 e 12:00para as reportaxes gráficas de prensa, evitando molestias nos momentosposteriores para que se poida adaptar o animal ás súas novas circunstancias.Trataremos de enviar algún material fotográfico posteriormente se tedeinterese. Para calquera dúbida contactar no teléfono de coordinación. Nigrán 25/02/2012 Departamento de comunicación da CEMMA 686989008