Experimentos
Presión atmosférica 1º ESO
AUGA QUE NON CAE
OBXECTIVO
Facilitar a comprensión do concepto de presión atmosférica.
PROCEDEMENTO
Enchemos as ¾ partes d...
A auga non cae xa que a presión atmosférica é maior que a
presión hidrostática que a auga exerce sobre o trozo de papel qu...
A VELA QUE FAI SUBIR A AUGA
OBXECTIVOS
Facilitar a comprensión do concepto de presión atmosférica.
PROCEDEMENTO
Botamos au...
Observamos como a vela se apaga xa que se esgotou o osíxeno
necesario para a combustión.
Vemos como sube o líquido.
O aire...
AIRES EMBOTELLADOS
OBXECTIVOS
Facilitar a comprensión do concepto de presión atmosférica.
PROCEDEMENTO
Quentamos un pouco ...
O vapor de auga despraza ao aire que había no interior da
botella.
Ao arrefriar, o vapor de auga condénsase e a cantidade ...
of 7

Presión atmosférica 1º eso

Published on: Mar 4, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Presión atmosférica 1º eso

  • 1. Experimentos Presión atmosférica 1º ESO
  • 2. AUGA QUE NON CAE OBXECTIVO Facilitar a comprensión do concepto de presión atmosférica. PROCEDEMENTO Enchemos as ¾ partes dun vaso con auga. Colocamos un papel de folio tapando a boca do vaso. Invertemos o vaso e vemos que pasa. QUE ACONTECE?
  • 3. A auga non cae xa que a presión atmosférica é maior que a presión hidrostática que a auga exerce sobre o trozo de papel que colocamos na boca do vaso.
  • 4. A VELA QUE FAI SUBIR A AUGA OBXECTIVOS Facilitar a comprensión do concepto de presión atmosférica. PROCEDEMENTO Botamos auga coloreada nun recipiente de vidro. Acendemos unha vela e colocámola no centro do recipiente. Tapamos a vela cun vaso. Que acontece???
  • 5. Observamos como a vela se apaga xa que se esgotou o osíxeno necesario para a combustión. Vemos como sube o líquido. O aire do interior do vaso quéntase e expándese. Ao apagar o lume, o aire dentro do vaso arrefría e contráese. A presión exercida polo aire é menor que a de fóra. A presión do aire exterior empurra a auga cara ao interior do vaso, ata que as presións se igualan.
  • 6. AIRES EMBOTELLADOS OBXECTIVOS Facilitar a comprensión do concepto de presión atmosférica. PROCEDEMENTO Quentamos un pouco de auga ata o seu punto de ebulición. Botamos a auga nunha botella de plástico. Axitamos a botella para que o vapor de auga ocupe o interior. Arrefriamos a botella con auga e vemos que pasa. Que acontece???
  • 7. O vapor de auga despraza ao aire que había no interior da botella. Ao arrefriar, o vapor de auga condénsase e a cantidade de aire no interior da botella é menor que no exterior. O aire do exterior exerce presión sobre as paredes e a botella esmágase.