NARRATIVA MEDIEVAL
A IDADE MEDIA.CONTEXTO
ÉPOCA:
Abrangue o período comprendido entre o ano 476 (data da caída do
Imperio ...
FEITOS HISTÓRICO-CULTURAIS:
 Triúnfo do cristianismo.
(coa conseguinte influencia da Igrexa na esfera cultural).
 Invasi...
SOCIEDADE ESTAMENTAL:
IGREXA
(clérigos e monxes)
NOBREZA POBO CHAN
(campesiños e artesáns)
Enorme importancia na
conservac...
FACTORES DE CAMBIO:
Século Xll: comezan os cambios a causa de
As Cruzadas Ao abriren as rutas que levaban a Oriente,
favor...
Séculos XII e XIII:
Xorden as primeiras universidades, co que
a cultura deixa de ser patrimonio exclusivo
da Igrexa e dos ...
1. ÉPICA MEDIEVAL
• A épica medieval fórmana sobre todo os cantares de xesta,
poemas narrativos que relatan as xestas ou f...
Estendida por:
 Inglaterra: Beowwulf.
 Islandia e península escandinava:
A súa épica comeza coas narracións chamadas edd...
2. NOVELA DE CABALERÍA
 Serie de narracións cultas en verso cuxo protagonista adoita ser un cabaleiro que se enfronta
a g...
2.1. A MATERIA DE BRETAÑA
 As primeiras mostras da novela teñen como protagonista o cabaleiro. Estas novelas
pertencen a ...
2.2. O CICLO ARTÚRICO
1. HISTORIA REGUM BRITANNIAE
2. ROMAN DE BRUT
 En 1155 o poeta Robert Wace traduciu a obra de
Godof...
...
CARACTERÍSTICAS:
O tema central das obras do ciclo artúrico é a
busca do Saint Graal (ou “San Grial”), o cáliz no
que ...
 3. TRISTÁN E ISOLDA
 Lenda por excelencia do ciclo artúrico: os amores de Tristán e Iseo. Obra de colaboración de
vario...
4. Culminación do ciclo artúrico, levada a cabo por Chrétien de Troyes
O Estilo:
O cabaleiro do león: O cabaleiro da carr...
5. COMPILACIÓN FINAL:
 Cara a 1225 compílase en prosa francesa todo o material do ciclo artúrico en torno a tres
novelas:...
of 14

Narrativa medieval 1 ppt

Narrativa medieval
Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Narrativa medieval 1 ppt

  • 1. NARRATIVA MEDIEVAL A IDADE MEDIA.CONTEXTO ÉPOCA: Abrangue o período comprendido entre o ano 476 (data da caída do Imperio Romano de Occidente) e o 1453 (ano da caída de Constantinopla en mans dos turcos). NOME: O nome de Idade Media déronllo, no século xv, os humanistas do Renacemento, por considerala como unha época intermedia (ignorante e escura) entre a Antigüidade e o movemento renacentista (que arranca xa nese mesmo século xv).
  • 2. FEITOS HISTÓRICO-CULTURAIS:  Triúnfo do cristianismo. (coa conseguinte influencia da Igrexa na esfera cultural).  Invasións dos pobos bárbaros.  Xurdimento do feudalismo como sistema económico e social: Base do feudalismo: relacións de dependencia entre señores e vasalos Señores feudais Ricos e poderosos (privilexiados) Obrigados a protexer os vasalos Vasalos Pobres (non privilexiados) Obrigados a obedecer en todo e a someterse á vontade dos señores A pertenza a un estamento ou outro determinábaa o nacemento: nacíase nobre ou nacíase plebeo, isto é, do pobo chan.  A maioría da xente era iletrada, o cal explica, entre outras cousas, que boa parte da literatura medieval sexa de tradición oral.
  • 3. SOCIEDADE ESTAMENTAL: IGREXA (clérigos e monxes) NOBREZA POBO CHAN (campesiños e artesáns) Enorme importancia na conservación da cultura: • Gran influencia en todos os ámbitos da vida. • Conservación do latín. • Uniformidade das manifestacións artísticas:  Visión teocéntrica do Universo (deus no centro de todo).  Sentido transcendente da existencia humana.  Tendencia didáctica ao pensamento moralizante. Esencialmente guerreira, vivía nos castelos e dedicábase ás armas ou estaba ao servizo do rei. As súas fazañas e valores (por exemplo, o sentido da honra) aparecen reflectidos na literatura épica e cabaleiresca da época. Son os que traballaban coas súas mans para poder vivir. Habitaban en núcleos rurais, en torno a un castelo ou un mosteiro.
  • 4. FACTORES DE CAMBIO: Século Xll: comezan os cambios a causa de As Cruzadas Ao abriren as rutas que levaban a Oriente, favoreceron os intercambios comerciais e a difusión de novas ideas. O desenvolvemento do comercio e dunha primitiva industria fai que aparezan os burgos ou cidades e unha nova clase social, a burguesía (habitantes dos burgos). Esta burguesía, de mentalidade e costumes máis mundanos, está máis preocupada polo benestar material e a prosperidade económica que polas cuestións espirituais.
  • 5. Séculos XII e XIII: Xorden as primeiras universidades, co que a cultura deixa de ser patrimonio exclusivo da Igrexa e dos mosteiros. Nacen as linguas románicas ou romances, derivadas do latín.  Esta lingua, o latín, continúa sendo a lingua cultural e de prestixio en Europa, pero pouco a pouco as linguas vulgares van desprazándoo no uso escrito e literario nun proceso que culminará no Renacemento. Nacen tamén, na Idade Media, as linguas xermánicas.
  • 6. 1. ÉPICA MEDIEVAL • A épica medieval fórmana sobre todo os cantares de xesta, poemas narrativos que relatan as xestas ou fazañas de heroes históricos ou lendarios. • Estes poemas eran cantados polos xograres e transmitíanse oralmente. Centrada no chamado ciclo carolinxio. • Os poemas do ciclo carolinxio refírense ao emperador Carlomagno e aos seus cabaleiros. • O máis famoso de todos é a Chanson de Roland (Cantar de Roldán):  De autor anónimo.  Escrita no século XI, tres séculos despois dos feitos nos que se inspira:  A derrota de Carlomagno no enclave pirenaico de Roncesvalles a mans dun exército árabe.  A morte do cabaleiro Roldán, traizoado por Ganelón.
  • 7. Estendida por:  Inglaterra: Beowwulf.  Islandia e península escandinava: A súa épica comeza coas narracións chamadas edda e continúa coas sagas, recitadas por uns xograres chamados escaldas. Relacionado con esta poesía nórdica atópase o célebre poema de Os Nibelungos, epopea escrita en alemán cara ao ano 1200. 1. Nárranse as fazañas e a morte de Sigfrido, invulnerable en todo o seu corpo por bañarse no sangue dun dragón (coa única excepción dunha parte das costas en que unha folla caída dunha árbore impedira que o sangue lle tocase a pel). 3. Anos despois, Krimilda descobre a Brunilda o engano de que foi obxecto e esta víngase facendo que un guerreiro mate a Sigfrido feríndoo no seu único punto vulnerable. 2. Sigfrido namórase da princesa Krimilda e, para conseguir a súa man, ten que axudar ao rei a conquistar o amor de Brunilda, a raíña de Islandia, que somete aos seus pretendentes a duras probas. Sigfrido conségueo volvéndose invisible. 4. Krimilda, casada logo con Atila, rei dos hunos, vingará posteriormente a morte de Sigfrido.
  • 8. 2. NOVELA DE CABALERÍA  Serie de narracións cultas en verso cuxo protagonista adoita ser un cabaleiro que se enfronta a grandes perigos e aventuras cos seguintes propósitos:  Supoñen, de feito, o comezo da novela, que vén a ocupar o lugar da epopea clásica (Ilíada, Odisea, Eneida,...).  Dá como resultado que a acción se complique e se manteña en suspenso a atención do lector. Literatura para ler Vai destinada a selectas minorías Está ben caligrafiada Represéntanse as escenas con viñetas coloreadas Alcanzar a fama, a perfección moral e o amor dunha dama.
  • 9. 2.1. A MATERIA DE BRETAÑA  As primeiras mostras da novela teñen como protagonista o cabaleiro. Estas novelas pertencen a un tipo de narracións denominados romans de Materia de Bretaña (porque a acción transcorre en Gran Bretaña ou na Bretaña francesa) ou do chamado ciclo artúrico (porque a corte do mítico rei Artús é a que constitúe o centro destas aventuras cabaleirescas).  De forma máis xenérica, utilizouse tamén para referirse a este xénero a expresión roman courtois (''novela cortés ou cortesá'').  Antes da aparición das narracións sobre personaxes da Materia de Bretaña, xurdiron obras que se presentaron como traducións (roman) doutras escritas en latín sobre o ciclo tebano e o da Eneida: Roman de Tebas e Roman de Eneas.  Decenios máis tarde a voz “roman” designa toda narración, traducida ou orixinal, escrita en versos franceses.
  • 10. 2.2. O CICLO ARTÚRICO 1. HISTORIA REGUM BRITANNIAE 2. ROMAN DE BRUT  En 1155 o poeta Robert Wace traduciu a obra de Godofredo de Monmouth ao francés en pareados octosílabos, tradución coñecida co nome de (Novela de Bruto).  Nela faise referencia á table ronde ou 'mesa redonda' en que sentaban os cabaleiros da corte do rei.  Aínda que disfrazada de historia (o público tomou como históricos e non como criaturas de ficción a personaxes como Lancelot ou Perceval), a tradución de Wace pode ser considerada a máis antiga novela artúrica ou da Materia de Bretaña. PUNTO DE PARTIDA DESCRIBE Á parte da posible existencia anterior de tradicións e lendas célticas, constitúeo unha obra en latín de Godofredo de Monmouth, a Historia Regum Britanniae (Historia dos reis de Bretaña), escrita en 1136. O boato da corte, a guerra contra os romanos e a campaña contra o seu sobriño. O libro foi presentado como tradución dun antiquísimo libro en bretón. Nela xa aparece Arturo ou Artús, fillo de Uther (nome procedente da historia dos bretóns). Menciona a Ambrosio Merlín, neno de orixe diabólica ao que se lle atribúen unha serie de profecías.
  • 11. ... CARACTERÍSTICAS: O tema central das obras do ciclo artúrico é a busca do Saint Graal (ou “San Grial”), o cáliz no que se supoñía que bebera Xesucristo na última cea e ao que se atribuían poderes máxicos e curativos. 1. Cabaleiros de toda Inglaterra intentan infrutuosamente arrancar esa espada da bigornia, incrustada á súa vez nun anaco de mármore. 2. Quen o conseguise, segundo a lenda, unificaría os diferentes reinos da illa e converteríase en rei de Inglaterra. 3. O mozo Arturo, que aínda non é nin sequera cabaleiro, logra extraela e é inmediatamente proclamado rei. Este cáliz sería levado, segundo a lenda, a Inglaterra, e o rei Arturo, a instancias do sabio Merlín, mandaría os seus cabaleiros a buscalo. 4. No seu castelo de Camelot rodéase dos cabaleiros máis valerosos e honrados, entre os que destacan Lanzarote (ou Lancelot) e Perceval (ou Parsifal). Estes cabaleiros forman a Orde da Táboa (ou Mesa) Redonda, chamada así pola forma da mesa na que se reunían. Como personaxe mítico, o rei Arturo pasou á iconografía popular como símbolo de intelixencia, honra e lealdade; e o seu castelo de Camelot, como un lugar idílico no que reinan a xustiza e a paz. 5. Arturo casa cunha fermosa doncela, Xenebra, da que tamén se namora Lanzarote. Decatado Arturo deses amores ilexítimos, condena á fogueira á súa esposa. Lanzarote, non obstante, sálvaa e foxe con ela a Francia. A lenda do rei Arturo ten o seu punto culminante no episodio de Excalibur, a milagrosa espada cravada nunha bigornia: 6. Arturo persegue os amantes e, na súa ausencia, o seu fillo Mordred apodérase do trono. Ao regresar, pai e fillo enfróntanse; Arturo atravésao coa súa lanza, pero Mordred, antes de morrer, fere o seu pai, que morre tamén.
  • 12.  3. TRISTÁN E ISOLDA  Lenda por excelencia do ciclo artúrico: os amores de Tristán e Iseo. Obra de colaboración de varios poetas.  Céntrase nos amores adúlteros de Tristán e a fermosa Iseo a loira, esposa do rei Marc de Cornualles, tío de Tristán.  Non é novela de aventuras como as de Chrétien de Troyes, senón unha humanísima e torturada historia de amor de grandeza mitolóxica.  Inspírase en motivos tomados da mitoloxía clásica: combate co xigante Morholt (Enone e Helena, Teseo e o Minotauro; regreso das naves,…).
  • 13. 4. Culminación do ciclo artúrico, levada a cabo por Chrétien de Troyes O Estilo: O cabaleiro do león: O cabaleiro da carreta: Contén abundantes elementos marabillosos procedentes da Antigüidade clásica (aneis que fan invisibles, tema literario do león, encarceramento das trescentas doncelas, reflexións sobre o amor,…). Escrito simultanamente con O cabaleiro do león. As accións transcorren nos mesmos días e de forma imbricada. O protagonista é Lancelot, enamorado de Xenebra, a cal o desdeña e somete a crueis e degradantes probas. O conto do Graal: O protagonista é Percival, personaxe rústico e inxenuo que acabará sendo armado cabaleiro. Chrétien conduce sen tropezos a narración e sabe interrompela cando alcanza o interese e pasar a outro tema. Son notables os atisbos psicolóxicos. Detense na descrición dos combates e nos adornos e vestidos femininos, concesión ás damas e cabaleiros.
  • 14. 5. COMPILACIÓN FINAL:  Cara a 1225 compílase en prosa francesa todo o material do ciclo artúrico en torno a tres novelas: Lancelot, Demanda do Grial e Morte de Artús.  Son novelas longas, de trama múltiple e complicada, auténtica innovación que se produciu grazas á difusión do papel.