1. Nun soño o poeta chega ao xardín do Deleite. Conquista dunha rapaza de quince anos por parte dun
namorado de vinte (hom...
Preséntanse relatos de variada procedencia
-exemplos medievais, de tema artúrico, fábulas, etc.- que
reflicten a realidade...
1. 2. EN PROSA:
 Inicios da prosa en lingua romance: libros de contido histórico.
Seguintes: obras de asunto ficticio.
...
Nun pazo campestre, cada un deles, durante dez días, atendendo a un tema que se mande, contarán un relato.
Tras quince día...
Amor, Fortuna e Inxenio son os tres temas sobre os que
xiran os relatos, unidos á presenza da morte tráxica.
Os relatos co...
Narrativa medieval II
Narrativa medieval II
of 7

Narrativa medieval II

Narrativa en verso e prosa
Published on: Mar 3, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Narrativa medieval II

  • 1. 1. Nun soño o poeta chega ao xardín do Deleite. Conquista dunha rapaza de quince anos por parte dun namorado de vinte (home de letras e cultura que converte a súa paixón nunha alegoría). 2. Alí, na fonte de Narciso, ve reflectida na auga unha rosa da que se namora. O Deus do Amor convérteo no seu vasalo e explícalle os dez mandamentos para emprender a conquista da rosa. Toda unha cortés e sabia máquina simbólica que, declaradamente, quere ser a norma moral e vital do home culto e aristocrático. 3. Como seu principal valedor terá a Bo Acollemento, pero terá que contender con serios inimigos situados cerca da rosa (Perigo, Mala Boca, Medo, Vergoña,…). 4. Celos construirá unha torre para facer prisioneiro a Bo Acollemento. Co lamento do poeta, que perdeu ao seu principal valedor, interrómpese o escrito de Lorris. Resumo Tema
  • 2. Preséntanse relatos de variada procedencia -exemplos medievais, de tema artúrico, fábulas, etc.- que reflicten a realidade social da época. Expresan unha visión vitalista do mundo, próxima á do Renacemento que se aveciña. As ganas de rir e a importancia dada ao diñeiro poderían considerarse como algúns dos trazos máis significativos desta nova mentalidade.
  • 3. 1. 2. EN PROSA:  Inicios da prosa en lingua romance: libros de contido histórico. Seguintes: obras de asunto ficticio. Principal prosista medieval: Boccaccio. Amigo de Petrarca, Giovanni Boccaccio (1313-1375) é un dos primeiros humanistas italianos, e pioneiro, polo tanto, do espírito renacentista. Como humanista, escribiu en latín algúns tratados pertencentes ao xénero biográfico. Compuxo tamén poesía. Pero a súa faceta máis importante é a de narrador. Creador da prosa italiana, escribiu varias novelas: •Filocolo, de tema amoroso. •Fiammetta, reflexo da súa paixón amorosa por Maria d 'Aquino. •Ninfale d 'Ameto, de tema pastoril. Unha sátira contra as mulleres, con abundantes descricións de costumes populares: •Corbaccio (chamado tamén Labirinto de amor). A obra fundamental de Boccaccio é o Decamerón.
  • 4. Nun pazo campestre, cada un deles, durante dez días, atendendo a un tema que se mande, contarán un relato. Tras quince días de retiro volverán á cidade.
  • 5. Amor, Fortuna e Inxenio son os tres temas sobre os que xiran os relatos, unidos á presenza da morte tráxica. Os relatos constitúen un canto ao amor, ao goce da vida, á marxe das leis sociais e das hipocrisías relixiosas. O autor móstrase moi en coherencia co espírito burgués, anticlerical e laico que se fomentaba nas cidades italianas. Está alonxada da literatura latinizante ou cortesá. Insérese na produción narrativa de carácter burgués e populista, atenta á realidade cotiá das cidades, cheas de vitalidade e puxanza. O mundo variopinto que describe é cómico e tráxico, vulgar e cortés, vulgar e delicado. Plásmase nun dobre xogo estilístico entre o estilo humilde e o sublime.