NAVARRA
PLAN PARA AFOGAR O EUSKERA
En Navarra, o plan para afogar o euskera consta de 4 columnas:
1- A educación
2- A Administración
3- Os medios de comunic...
1- Educación
A Lei divide Navarra en tres zonas diferentes:
- Zona “vascófona”:
Impártese educación pública en euskera.
...
Polo tanto, as persoas que desexen unha educación en euskera na zona “non
vascófona” deben levar os fillos e fillas, acotí...
Ou ás ikastolas de iniciativa popular:
Lodosa, Tafalla, Viana, Irunberri/Lumbier, Zangoza/Sangüesa, Tutera/Tudela.
O Gobe...
Deste xeito, o Goberno de Navarra busca que aprender en euskera nesa zona:
- Resulte economicamente custoso.
- Requira moi...
2-Administración
Na Administración de Navarra, se un posto de traballo presenta coma requisito o
coñecemento de euskera, u...
... tense prohibido o traslado a calquera outro posto de traballo que careza de tal
requisito: Decreto Foral 29/2003.
Este...
Nas OPOSICIÓNS valórase o coñecemento do inglés, con ata un 10% da puntuación
(Resolución 2489/2009, resolución “secreta”:...
3-Medios de comunicación
Os nenos e nenas navarras non poden ver debuxos animados en euskera.
As televisións públicas vasc...
En moitos lugares de Navarra non se pode oír a radio Gaztea (radio musical en euskera
para xente nova). Na propia Pamplona...
En 2012 elimináronse TODAS as subvencións aos medios de comunicación locais en
euskera. Este mesmo ano, concedéronse case ...
4- Prestixio da lingua
O Goberno de Navarra pretende que o euskera se volva invisible en Navarra:
Na zona “non vascófona”...
“Hase proceder de forma inmediata a asegurar o cumprimento de que os rótulos (...) se
redacten exclusivamente en castelán,...
MERCADOTECNIA:
Iso si, os ataques todos nos ámbitos de 1- A educación, 2- A Administración, 3- Medios
de comunicación e 4-...
RESULTADOS:
-En 2012, por primeira vez, houbo un DESCENSO NA MATRICULACIÓN do modelo
D (ensino co euskera coma lingua vehi...
of 16

NAVARRA. PLAN PARA AFOGAR O EUSKERA

NAVARRA. PLAN PARA AFOGAR O EUSKERA
Published on: Mar 3, 2016
Source: www.slideshare.net


Transcripts - NAVARRA. PLAN PARA AFOGAR O EUSKERA

  • 1. NAVARRA PLAN PARA AFOGAR O EUSKERA
  • 2. En Navarra, o plan para afogar o euskera consta de 4 columnas: 1- A educación 2- A Administración 3- Os medios de comunicación 4- O prestixio
  • 3. 1- Educación A Lei divide Navarra en tres zonas diferentes: - Zona “vascófona”: Impártese educación pública en euskera. (Muralla chinesa en Navarra) - Zona “mixta”: Impártese educación pública en euskera pero con condicións (número de peticións). - Zona “non vascófona”: Non se imparte educación pública en euskera.
  • 4. Polo tanto, as persoas que desexen unha educación en euskera na zona “non vascófona” deben levar os fillos e fillas, acotío... Á zona “mixta” (Lizarra/Estella, Gares/Puente La Reina, Iruña/Pamplona...)
  • 5. Ou ás ikastolas de iniciativa popular: Lodosa, Tafalla, Viana, Irunberri/Lumbier, Zangoza/Sangüesa, Tutera/Tudela. O Goberno de Navarra non concede axudas, nin para transporte nin para comedor.
  • 6. Deste xeito, o Goberno de Navarra busca que aprender en euskera nesa zona: - Resulte economicamente custoso. - Requira moito esforzo. E, se é posible, que os pais e nais desistan. *Nota: en toda Navarra pódese aprender co INGLÉS coma lingua vehicular, en diferentes modalidades, no ensino público.
  • 7. 2-Administración Na Administración de Navarra, se un posto de traballo presenta coma requisito o coñecemento de euskera, unha vez conseguido ese posto…
  • 8. ... tense prohibido o traslado a calquera outro posto de traballo que careza de tal requisito: Decreto Foral 29/2003. Este decreto anulouse na sentenza 215/2008 do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra, pero á data de 25 de xullo de 2012 continúa a aplicarse. Cómpre ter en conta que o euskera é requisito para unha pequenísima minoría de postos de traballo.
  • 9. Nas OPOSICIÓNS valórase o coñecemento do inglés, con ata un 10% da puntuación (Resolución 2489/2009, resolución “secreta”: non se publicou no Boletín Oficial).
  • 10. 3-Medios de comunicación Os nenos e nenas navarras non poden ver debuxos animados en euskera. As televisións públicas vascas ETB 1 e ETB 2 vense en Navarra pero só no sistema analóxico. Como a ETB 3 (a que ten toda a programación infantil) só se emite na TDT, non se pode sintonizar en Navarra. O Goberno de Navarra négase explicitamente a que a ETB 3 se vexa en Navarra (Berria, 26-6-2010) e, na práctica, non permite que a ETB 1 e a ETB 2 se poidan ver na TDT. (Xa que estamos: poderíase emitir ETB 3 así mesmo no sistema analóxico, para que se poida ver tamén en Navarra?)
  • 11. En moitos lugares de Navarra non se pode oír a radio Gaztea (radio musical en euskera para xente nova). Na propia Pamplona non se oe, ou óese moi mal. Á única radio en euskera de Pamplona, Euskalerria Irratia, négaselle unha e outra vez a licenza para emitir, a pesar de que recibiu sentenzas ao seu favor (Tribunal Superior de Xustiza de Navarra, en 1999 e 2010).
  • 12. En 2012 elimináronse TODAS as subvencións aos medios de comunicación locais en euskera. Este mesmo ano, concedéronse case 2 MILLÓNS DE EUROS ás televisións Canal 6 e Popular TV, que emiten en castelán (Diario de Noticias, 29-2-2012).
  • 13. 4- Prestixio da lingua O Goberno de Navarra pretende que o euskera se volva invisible en Navarra: Na zona “non vascófona” todos os rótulos oficiais están exclusivamente en castelán. Na zona “mixta”, do ano 2000 en diante, os rótulos que ata daquela eran bilingües substituíronse por rótulos exclusivamente en castelán (Decretos Forais 372/2000 e 29/2003).
  • 14. “Hase proceder de forma inmediata a asegurar o cumprimento de que os rótulos (...) se redacten exclusivamente en castelán, substituíndo decontado os existentes que non cumpran este requisito.” ACORDO de 8 de xaneiro de 2001, do Goberno de Navarra No ano 2002, o único centro público de ensino do euskera para adultos trasladouse a unha vila situada a 5 quilómetros de Pamplona. Na educación e Administración valórase máis saber o inglés ca saber o euskera: transmítese a idea de que o euskera é unha lingua sen valor e estranxeira.
  • 15. MERCADOTECNIA: Iso si, os ataques todos nos ámbitos de 1- A educación, 2- A Administración, 3- Medios de comunicación e 4- O prestixio da lingua lévanse a cabo con moita mercadotecnia e boas palabras. Por exemplo, o Goberno de Navarra non di: Non queremos que a ETB se vexa en Navarra; PAGARIAMOS para que non se vise. Senón: Desexamos que a ETB se vexa en Navarra, pero é a Comunidade Autónoma Vasca quen debe asumir o custo económico.
  • 16. RESULTADOS: -En 2012, por primeira vez, houbo un DESCENSO NA MATRICULACIÓN do modelo D (ensino co euskera coma lingua vehicular). -Segundo as enquisas sociolingüísticas, de 1991 a 2012 O USO DO EUSKERA DIMINUÍU en Navarra (Berria, 28-7-2012). -En Navarra, o euskera está a quedar limitado aos centros educativos, e iso só en parte de Navarra.

Related Documents