PONTUSALENA GUÍA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO CEIP VILAVERDE PONTEVEDRA 2009-2010
Ilustración de Fernando Noriega García En Mascotilandia, temos unha mascota que ten moitos anos, moitísimos anos. Ten máis...

Un día, pola mañá cediño, hai 400 anos, dende a Fracha ve como, polo camiño vello que vén dende Portugal e que pas...

É a praza da Ferrería, e aquel o convento de San Francisco. Temos que baixar por aquí, por preto dos soportais e c...
of 4

Pontusalena GuíA Polo CamiñO De Santiago

Published on: Mar 4, 2016
Published in: Sports      Travel
Source: www.slideshare.net

Transcripts - Pontusalena GuíA Polo CamiñO De Santiago

• 1. PONTUSALENA GUÍA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO CEIP VILAVERDE PONTEVEDRA 2009-2010
• 2. Ilustración de Fernando Noriega García En Mascotilandia, temos unha mascota que ten moitos anos, moitísimos anos. Ten máis anos que Vilaverdiño, Antío e Lampi xuntas, ten máis anos que as mascotas do colexio. É unha mascota con máis de 4000 anos. Chámase Pontusalena. Ten orellas puntiagudas, nariz longo, cabelo crecho e ollos pequenos. Só lle quedan dous dentes e a carón do lume fala e fala. Traballou como mascota na Fracha, e dende alí, dende o alto, medrou ollando a cidade, os seus ríos (Lérez, Rons e Gafos), a ría,... Pontusalena pode contarnos moitas historias sobre Pontevedra … queredes escoitala?
• 3.

Un día, pola mañá cediño, hai 400 anos, dende a Fracha ve como, polo camiño vello que vén dende Portugal e que pasa por Tui, camiñan moitas persoas. Intrigada baixa preguntarlles, ve que levan unhas roupas moi singulares: capa, sombreiro, unha cuncha de vieira, un pau longo para axudarse a camiñar...

Quen sodes?

Somos peregrinas e peregrinos que vimos dende Portugal e imos a Santiago de Compostela. Supoñemos que escoitarías falar de que alí no século IX atoparon a que seica é a tumba do apóstolo Santiago (un dos doce apóstolos de Xesús), nós imos de peregrinación para pedirlle favores e que nos perdoen os pecados...

Como vindes por aquí?

Pois, porque este é un dos camiños de Santiago, máis concretamente, o camiño portugués de Santiago... Poderías guiarnos por esta cidade.

Si, é a cidade de Pontevedra, e eu coñézoa moi ben.

Nun pouco chegaredes á capeliña da Virxe do Camiño, coas súas dúas campás e o seu cruceiro. Alí preto está un dos cemiterios da cidade.

Un pouco despois...

E isto que é? Pregúntanlle

Esta columna é a picota.

A verdade é que a muralla é grande, só ten esta porta?

Non, ademais desta, da de Trabancas, ten outras máis. Entramos?

Que praza tan enorme!

• 4.

É a praza da Ferrería, e aquel o convento de San Francisco. Temos que baixar por aquí, por preto dos soportais e chegar a esta outra praza...

Que é ese edificio tan grande con torres, igrexa e reloxo?

É o hospital de San Xoán de Deus, coa súa igrexa, Foi fundado por Teresa Pérez Fiota en 1434.

Aquela casa con arco alá no fondo... É o famoso pazo dos mercaderes Cruu.

Si, Pedro Cruu, foi alcalde de Pontevedra en 1407, e esta casa tiña unha torre. Nós imos seguir por esta outra rúa. É a rúa Real.

É unha rúa importante?

Si, unha das máis importantes da vila. Aquí á esquerda ides atopar a praza do Pan (Teucro) con varios pazos, e aí embaixo hai unha fonte por se queredes beber antes de continuar camiño...

Si, din que Pontevedra é “boa vila, dá de beber a quen pasa”...

Seguimos rúa abaixo e atopamos o edificio do correo, a porta de saída da muralla cara á ponte do Burgo, ao seu carón está o cárcere.

Esta ponte ten moitos arcos... Aquilo que se ve é o arrabal da Moureira? Aqueles son peiraos de pedra?

Si. Nada máis pasar a ponte atoparedes a capela de Santiaguiño e o hospital destinado a peregrinas e peregrinos pobres. Eu vouvos deixar aquí, teño que regresar... Non deixedes de mirar á vosa dereita, veredes o convento de San Bieito de Lérez... Tende boa viaxe!

Grazas.

Related Documents