DEPARTAMENTODE ORIENTACIÓN.CEIPVILAVERDE.2015
POR QUE PRECISAMOS POÑER NORMAS E LÍMITES?
Unha sociedade formada por persoa...
of 1

Por que precisamos poñer normas e límites

folleto sobre a necesidade das normas
Published on: Mar 4, 2016
Published in: Education      
Source: www.slideshare.net


Transcripts - Por que precisamos poñer normas e límites

  • 1. DEPARTAMENTODE ORIENTACIÓN.CEIPVILAVERDE.2015 POR QUE PRECISAMOS POÑER NORMAS E LÍMITES? Unha sociedade formada por persoas diversas precisa dunhas normas para moverse con seguridade e tranquilidade. Son imprescindibles para a convivencia. Establecer o que vale e o que non vale facer, axuda ao alumnado a desenvolverse mellor como persoas e a aproveitar os beneficios que o grupo social ofrece. O incumprimento de normas conleva rexeitamento. As normas, é verdade, supoñen un gasto de enerxía porque hai que deseñalas e velar por que se cumpran, mais os beneficios que supoñen para as persoas son maiores que o que nun comezo cabe supoñer: - Son unha referencia de conduta adecuada e conveniente nun determinado ámbito. - Evitan perigos e danos a outras persoas, danos físicos pero tamén psicolóxicos e sociais. - Dan seguridade. Promoven a xustiza e a igualdade. - Ensinan a vivir en sociedade. - Permite predicir a reacción das persoas que nos rodean ante unha rotura das mesmas. - Fan que as cousas funcionen de xeito ordenado. Se cada persoa fixese o que quixese nos espazos, sería un descontrol. En resumo, as normas dan confianza e seguridade na vida diaria, grazas a elas sabemos que podemos agardar das demais persoas e á vez saben que deben agardar de nós. Ademais axudan a previr problemas e conflitos. Cada espazo: casa, escola, rúa, teatro, parque, traballo, ... ten unhas normas que cómpre coñecer, cumprir e facer cumprir. As normas nestes ámbitos fanse para evitar males maiores: atropelos, accidentes, danos a outras persoas, caos, tumulto, ... As normas son establecidas en función das características peculiares de cada sitio e das persoas que neles se desenvolven. As normas regulan os nosos comportamentos nos diferentes lugares e indican que hai maneiras de actuar que un grupo social considera preferibles a outras polos beneficios que achegan á maioría das persoas que frecuentan ese lugar. Acostuma ser normal e habitual que as nenas e os nenos queiran saltarse as normas coa súa actitude e conduta, tratan de probar ata onde poden chegar e cal será a reacción das persoas se sobrepasan o límite marcado. Nese momento hai que amosarse firmes, se se cede, despois custará moito máis que respecten as normas. Non é bo xustificar ás nenas e aos nenos cando incumpren as normas, se iso se fai o que se consegue é xustamente que sinta respaldo ante unha conduta inadecuada e que polo tanto a repita. O noso modelo é fundamental para que as nenas e os nenos cumpran as normas. Se nós verbalizamos/ comentamos que unha norma non serve para nada ou dicimos que é unha norma excesiva,... as nenas e os nenos tenderán a incumprilas tamén. As normas indican dereitos e deberes. Dende pequenas e pequenos hai que establecer límites ás súas condutas e non deixarse influír polas súas chantaxes.